Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 28027 novas:

10/05/22 | 09:30 | C. do Medio Rural

Extinguido o incendio forestal do concello lugués de Begonte, parroquia de Gaibor

Segundo as últimas medicións, afectou unha superficie de 39 hectáreas arboradas

10/05/22 | 08:37 | C. do Medio Rural

Controlado o incendio forestal no concello lugués de Begonte, parroquia de Gaibor

Segundo as últimas estimacións, afecta unha superficie provisional dunhas 35 hectáreas

09/05/22 | 18:53 | Secretaría Xeral para o Deporte

Galicia recibirá 442.000 euros do CSD para impulsar o programa 'Adestra a túa saúde' que xa está en marcha en Abegondo e Arteixo

Dirixido principalmente ás persoas maiores de 60 anos, o programa pretende mellorar a calidade de vida e afondar na prevención da fraxilidade destas persoas a través do exercicio

09/05/22 | 18:50 | C. do Medio Rural

Estabilizado o incendio forestal no concello lugués de Begonte, parroquia de Gaibor

Segundo novas estimacións, afecta unha superficie provisional dunhas 35 hectáreas

09/05/22 | 18:44 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Policía Autonómica e a UIFO esclarecen tres incendios nos concellos coruñeses de Cee, Rois e Muros

No que vai de ano, a Policía Autonómica leva investigadas 22 persoas como presuntas autoras de incendios forestais

09/05/22 | 18:33 | C. de Economía e Industria

A Xunta destaca a oportunidade que supoñen os fondos europeos Next Generation para os centros de coñecemento galegos

A directora da Axencia Galega de Innovación, Patricia Argerey, anima ao persoal investigador a colaborar co tecido produtivo para captar fondos, co obxectivo de avanzar cara a unha Galicia máis ecolóxica e dixital

09/05/22 | 18:31 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta inaugura en Valdeorras ‘Compromiso na distancia’, a mostra itinerante das letras galegas que percorrerá 10 localidades ata decembro

Realiza un repaso pola vida e obra do autor, con fotografías orixinais do arquivo familiar, e fará parada en varios centros da Rede Galega de Bibliotecas de Galicia e concellos da Rede de Dinamización Lingüística

09/05/22 | 17:19 | C. de Sanidade

Galicia sitúase entre as Comunidades Autónomas con máis número de profesionais de medicina familiar e comunitaria por 100.000 habitantes

Segundo o informe do Ministerio de Sanidade sobre Oferta e necesidade de médicos especialistas en España, Galicia ocupa o cuarto lugar no ratio de profesionais de MFeC, con 116 facultativos por cada 100.000 habitantes, 28 máis que a media nacional (87,4)

09/05/22 | 16:43 | C. do Medio Rural

Activo un incendio forestal no concello lugués de Begonte, parroquia de Gaibor

Segundo as primeiras estimacións, afecta unha superficie provisional superior ás 20 hectáreas

09/05/22 | 16:25 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta achega 150.000 euros a Cogami para poñer en marcha programas de inclusión laboral para persoas con discapacidade

Con este importe a asociación puido desenvolver iniciativas na Coruña, Ferrol, Santiago de Compostela e Vigo