Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 28027 novas:

09/05/22 | 13:33

A Xunta facilitará o acceso a préstamos sen xuros para fomentar a rehabilitación de vivenda

O Goberno galego asumirá durante os primeiros anos ata o 100% do importe dos xuros, en función dos ingresos dos solicitantes, que disporán doutras condicións vantaxosas

09/05/22 | 13:32

A Xunta alerta de que a cadea mar-industria de Galicia está ameazada por decisións do Goberno central como a que en Cambados pon en risco tres depuradoras e 300 empregos

O Goberno galego lembra que a interpretación do Executivo do Estado sobre o plan especial do porto de Tragove demostra que o sector se atopa ante un problema real, tal como se leva advertindo desde Galicia desde o ano 2019

09/05/22 | 13:11 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

O ciclo de conferencias sobre María Casares organizado pola Xunta continúa en maio cos directores teatrais Jorge Lavelli e Josep María Flotats

Trátase de dúas figuras que mantiveron unha estreita relación coa actriz, tanto no eido profesional como persoal

09/05/22 | 13:06 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Martina Aneiros destaca o impulso á empregabilidade que suporá o programa ruta Galicia Emplea que hoxe arranca en Ferrol

Trátase dunha oficina de emprego itinerante que percorrerá diversas cidades galegas para ofertar 280 postos de traballo

09/05/22 | 12:39 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A AGASP contará cun novo pavillón deportivo para as prácticas dos alumnos da academia e os entrenamentos das Federacións Deportivas

O director xeral de Emerxencias e Interior, Santiago Villanueva, visitou esta mañá os avances dos traballos na nova pista polideportiva cuberta, que xa están na súa fase final, coa previsión de que rematen este mes

09/05/22 | 12:29 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta e Renfe celebran o Día das Letras Galegas coa imaxe de Florencio Delgado Gurriarán nos trens de media distancia e Avant

Os trens do Servizo Público de Galicia destacan nos repousacabezas a figura do autor valdeorrés

09/05/22 | 12:03

Galicia e Dinamarca estudan posibles sinerxías entre os seus modelos de valorización de residuos

Estes contactos a nivel técnico enmárcanse na visita institucional da conselleira de Medio Ambiente ao país nórdico o pasado novembro, durante a que as autoridades de ambas rexións acordaron compartir información e explorar liñas de colaboración

09/05/22 | 12:00 | C. de Economía e Industria

Conde asegura que os fondos europeos son unha oportunidade para acertar como país e afrontar a recuperación e consolidación económica

O vicepresidente económico e conselleiro de Economía, Empresa e Innovación en funcións, Francisco Conde, participou hoxe na Coruña no Foro Económico Español
A Galicia que vén, organizado por El Español

09/05/22 | 11:53 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Aceleradora de proxectos turísticos da Xunta escolle os 10 finalistas da súa segunda edición

O comité de selección avaliou as presentacións dos 15 aspirantes, aos que puido interpelar sobre as súas previsións e modelos de negocio de cara á saída aos mercados