Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 28027 novas:

10/05/22 | 13:32 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

O coordinador do Informe Pisa, Andreas Schleicher, coñece de primeira man o modelo educativo galego e os seus avances en materia de innovación

Imparte a conferencia de apertura neste encontro, no que 23 centros presentan os seus proxectos arredor de cuestións como a robótica ou a impresión 3D

10/05/22 | 12:48 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta licita as obras de mellora do sistema municipal de abastecemento de auga do concello de Leiro, que suporán un investimento de 360.000 euros

A Plataforma de Contratos Públicos de Galicia recolle hoxe o anuncio de licitación, ao que as empresas interesadas poderán presentar as súas ofertas ata o 10 de xuño

10/05/22 | 12:43 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta comeza os traballos de aglomerado nas obras de ampliación da capacidade da avenida da Deputación no polígono de Sabón, en Arteixo

Mantense a previsión de ter rematada no verán esta actuación integral, que supón un investimento autonómico de máis de 6,3 M€ e desdobra os carrís para gañar fluidez no tráfico

10/05/22 | 11:49 | C. de Sanidade

A Xunta de Galicia destina preto de 1,2 millóns de euros a programas de asistencia a pacientes con trastornos aditivos na comarca de Ferrol

O convenio con Asfedro, que ascende a preto dun millón de euros, incrementouse un sete por cento con respecto ao ano anterior

10/05/22 | 11:21 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta recibe 11 ofertas para executar as obras da estación de autobuses da intermodal da Coruña, que suporán un investimento de preto de 40M€

As actuacións, que comezarán en outubro, suporán 700 empregos para transformar a cidade, ao integrar nun único espazo moderno e accesible o autobús e o ferrocarril

10/05/22 | 11:03 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta formará a máis de 700 axentes da policía local, autonómica, nacional e da Garda Civil en materia de violencia de xénero

A Vicepresidencia Primeira e Consellería da Presidencia, Xustiza e Turismo vén de rubricar un acordo de colaboración coa Consellería de Emprego e Igualdade para cualificar estes corpos na intervención en casos de violencia de xénero e na prevención

10/05/22 | 10:50

A Xunta impulsa os gabinetes técnicos de sindicatos e organizacións empresariais para promover a igualdade laboral

As axudas, hoxe publicadas no DOG por valor de 400.000 euros, cubrirán os gastos de creación e/ou funcionamento ordinario destes órganos entre o 1 de novembro de 2021 e o 31 de outubro de 2022

10/05/22 | 10:17 | C. de Sanidade

Galicia rexistra un total de 14.991 casos activos por coronavirus

Un total de 580.402 pacientes xa están curados

10/05/22 | 09:57

A Xunta sensibiliza en Culleredo sobre a importancia da prevención de riscos laborais nos buques pesqueiros desde unha perspectiva de xénero

A directora xeral de Relacións Laborais, Elena Mancha, participou hoxe na presentación da campaña de información que están a desenvolver Xunta e Fundamar, dirixida ao alumnado de primeiro curso dos ciclos medio e superior das escolas marítimo pesqueiras de Galicia, entre as que se atopa a de Culleredo