Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 28027 novas:

11/05/22 | 12:34 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta abre a selección dos proxectos emprendedores que impulsará o polo de aceleración dos videoxogos

A Consellería de Cultura, Educación e Universidade desenvolve este programa ao abeiro do seu Hub Audiovisual da Industria Cultural e coa colaboración da asociación Videoxogo.gal como entidade encargada da súa xestión

11/05/22 | 12:04 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Román Rodríguez anuncia que o programa de libro dixital E-Dixgal chegará o vindeiro curso a 600 centros educativos galegos

A iniciativa permite ao alumnado do ensino galego estudar con este sistema de libro dixital durante seis cursos consecutivos: de 5º de Primaria a 4º de ESO

11/05/22 | 11:56

A Xunta velará polo uso correcto do territorio e a protección da paisaxe do concello de Valdoviño

En base a este convenio de colaboración, que asinou ao mesmo tempo o Concello de Toén, estes municipios delegan na APLU as súas competencias en materia de inspección, supervisión, sanción e restablecemento da legalidade urbanística

11/05/22 | 11:52

A Xunta velará polo uso correcto do territorio e a protección da paisaxe do concello de Toén

En base a este convenio de colaboración, que asinou ao mesmo tempo o Concello de Valdoviño, estes municipios delegan na APLU as súas competencias en materia de inspección, supervisión, sanción e restablecemento da legalidade urbanística

11/05/22 | 11:35 | C. do Medio Rural

A Xunta investiu máis de 141.000 euros nas primeiras accións do plan de actualización dos viveiros forestais para a conservación dos recursos do monte

José González enmarcou estes traballos no Plan Forestal de Galicia e na aposta do Goberno galego a prol dun monte sustentable e multifuncional, no que teñen cabida todas as especies

11/05/22 | 11:29 | C. de Sanidade

Galicia rexistra un total de 14.609 casos activos por coronavirus

Un total de 582.151 pacientes xa están curados

11/05/22 | 11:28 | C. de Economía e Industria

Conde subliña en Galiciencia a importancia de seguir apostando polo talento, a innovación e as vocacións científicas dos máis novos

O vicepresidente económico e conselleiro de Economía, Empresa e Innovación en funcións, Francisco Conde, visitou os proxectos participantes na nova edición da feira científica que hoxe bota a andar no Parque Tecnolóxico de Galicia – Tecnópole

Nesta edición, centrada na economía circular, participan un total 90 proxectos procedentes de centros educativos de toda a comunidade galega, ademais de Cataluña, Madrid e o País Vasco
 

11/05/22 | 11:15

Galicia terá este verán 112 praias con bandeira azul, tres das cales conseguen o galardón por primeira vez

A Comunidade consolida a súa posición a nivel nacional, cun total de 166 distintivos azuis concedidos entre praias, portos, centros e sendeiros

11/05/22 | 11:04

A Xunta incrementa nun 15% as axudas para contratar socorristas nas praias e piscinas de Ferrolterra durante este verán

A delegada territorial do Goberno autonómico, Martina Aneiros, avanzou que o investimento na zona é próximo aos 175.000 euros neste exercicio

11/05/22 | 11:02 | C. de Sanidade

A Xunta publica no portal de transparencia o decreto que regula as categorías estatutarias do Sergas no ámbito da biblioteconomía e documentación

As bibliotecas do Sergas desenvolven a función esencial de difundir o coñecemento científico-técnico nas ciencias da saúde e poñen a disposición das persoas usuarias información relevante e actualizada para a toma de decisións na práctica clínica