Hemeroteca
Novas publicadas antes de 2023
O centro de formación e experimentación agroforestal Pedro Murias de Ribadeo celebrou unha xornada de portas abertas para captar alumnado
Estas instalacións, dependentes da Axencia Galega da Calidade Alimentaria, ofrecen un ciclo medio de Formación Profesional de Aproveitamento e Conservación do Medio Natural na modalidade dual
A Xunta destina 57.600 euros a corrixir impactos paisaxísticos en bens municipais de Chantada, Pantón, Ribas de sil e Sober
A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda acaba de resolver as solicitudes presentadas ao abeiro da convocatoria de 2022 das entidades locais da liña de axudas para instaurar o ‘fermosismo‘
Galicia necesita sangue dos grupos a positivo, 0 negativo e 0 positivo e solicítase a colaboración da cidadanía
Os grupos sanguíneos A Positivo, 0 Negativo e 0 Positivo amosan niveis baixos, polo que é preciso reforzar o permanente chamamento á colaboración nas campañas de doazón de sangue
Rosa Quintana anima a todos os navegantes a peregrinar a Santiago por mar e coñecer Galicia dun xeito especial facendo a Travesía Náutica Xacobea 2022
A titular de Mar en funcións salienta os atractivos dunha iniciativa que emula a chegada dos restos do apóstolo a terras galegas a bordo da lendaria barca de pedra
Lete Lasa destaca o camiño do Noia FS que acada á máxima división "tras unha longa peregrinaxe de traballo e sacrificio"
Valora o gran nivel do fútbol sala masculino galego, "un legado que souberon recoller as mulleres mesmo superando o listón que puxeron os homes"
O Festival Internacional de Títeres de Redondela celebra a súa 23ª edición con máis de 60 citas en cartel
O director de Industrias Culturais da Xunta, Jacobo Sutil, participa na presentación do programa que se desenvolverá do 12 ao 17 de maio no Multiusos da Xunqueira e nas prazas e rúas da localidade pontevedresa
A Xunta e Vegalsa-Eroski homenaxean a figura de Florencio Delgado Gurriarán co gallo das Letras Galegas
Os carteis e as bolsas da compañía de distribución alimentaria contarán coa imaxe conmemorativa do 17 de maio de 2022
A Xunta invita os mozos galegos a facer o Camiño e reafirmar o compromiso cos valores que representa, que son os valores de Europa
O vicepresidente primeiro en funcións, Alfonso Rueda, recibiu no Obradoiro a profesores e alumnos do colexio Cristo Rey de Ferrol, que fixeron por etapas o Camiño Inglés como colofón da súa participación no proxecto “O Teu Xacobeo”
Galicia e Portugal reafirman a súa potencialidade na explotación e valorización das macroalgas no II Foro dos Recursos Algais organizado por Cetmar
Distintos expertos puxeron de manifesto a abundancia deste recurso, a súa importancia nos ecosistemas mariños costeiros e o seu gran potencial económico