Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 28027 novas:

10/05/22 | 14:58 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta pon en valor o Camiño de Santiago como base da recuperación do turismo

Nava Castro participou no Foro Económico Español “La Galicia que viene”, organizado polo periódico “El Español”, e nas xornadas “Ano Santo Xacobeo: impacto social e económico”, organizado pola Cámara de Comercio da Coruña e o Banco Sabadell

10/05/22 | 14:58 | C. do Medio Rural

A Xunta e a Mancomunidade Intermunicipal Santa Águeda colaboran na prevención de incendios forestais

O conselleiro do Medio Rural en funcións e o director xeral de Defensa do Monte reuníronse hoxe cos responsables desta entidade, que agrupa os concellos ourensáns de Amoeiro, Coles, A Peroxa e Vilamarín

10/05/22 | 14:51 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Trenor anima a solicitar, ata o 12 de xullo, as axudas por máis de 864.000€ dirixidas a entidades do ámbito dos trastornos mentais

O delegado da Xunta na Coruña, Gonzalo Trenor, visitou esta mañá as instalacións da Asociación Galega para a Asistencia e Investigación dos Trastornos da Personalidade –TP Galicia

10/05/22 | 14:14 | C. do Medio Rural

A Xunta pon de relevo as posibilidades que ofrecen os instrumentos da Lei de recuperación da terra agraria para a xestión do monte e a anticipación aos incendios forestais

Inés Santé referiuse ás vantaxes que presentan as aldeas modelo e os polígonos agroforestais -que poden combinar todos os usos agrarios para unha maior rendibilidade-, así como ás agrupación forestais de xestión conxunta

10/05/22 | 14:08 | C. do Medio Rural

Galicia promociona a calidade dos seus viños e augardentes na XI Feira Nacional do Viño-Fenavin

O director da Axencia Galega da Calidade Alimentaria actuou hoxe como anfitrión na visita do rei Felipe VI ao espazo galego neste certame de Ciudad Real, no que están presentes máis de medio cento de adegas da nosa comunidade

10/05/22 | 14:01

A Xunta avoga en Baiona pola coeducación desde as primeiras etapas de ensinanza para acadar unha Galicia máis igualitaria, máis xusta e máis diversa

A secretaria xeral da Igualdade, Susana López Abella, participou hoxe no CPI Cova Terreña na inauguración da exposición Elas escribiron a historia. As primeiras xornalistas, que desenvolve a Administración galega para dar a coñecer o labor de 12 mulleres galegas referentes de diversas xeracións

10/05/22 | 13:55 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta licita por preto de 1,8 M€ as obras de rehabilitación do edificio da Xunta na praza de Mazarelos de Santiago de Compostela

A actuación, cun prazo de execución de 8 meses, consistirá na restauración e mellora da envolvente térmica e da distribución interior do edificio, que alberga a Oficina de Turismo da Xunta en Santiago e a Secretaría Xeral de Emigración

10/05/22 | 13:44 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

O Diario Oficial de Galicia publica as axudas para as Q de Calidade Turística

As axudas están dirixidas a establecementos e servizos turísticos nos procesos de certificación, seguimento e renovación das normas UNE ao obxecto da obtención e/ou mantemento da marca Q

10/05/22 | 13:43 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes; C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta inviste preto de 126.000 euros na mellora dos viarios e aparcadoiros do hospital de Monforte de Lemos

O delegado territorial de Lugo, Javier Arias, explica que as obras de reforzo do firme na contorna do centro hospitalario quedarán completadas esta semana

10/05/22 | 13:40 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta executa a mellora do firme en 7 quilómetros da estrada LU-213 en Chantada, cun investimento de 380.000 euros

O delegado territorial de Lugo, Javier Arias, explica que as obras consisten no reforzo do pavimento desde Chantada ata pasada a travesía de Limiñón