Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 28027 novas:

06/05/22 | 14:31 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Román Rodríguez subliña o retorno para a imaxe e a economía de Galicia da próxima filmación da serie infantil ‘Argonautas’ co apoio da Xunta

O conselleiro de Cultura, Educación e Universidade en funcións participa na presentación desta coprodución de Portocabo e Clan TVE, que conta cunha axuda de 350.000 euros a través do fondo de rodaxes do Hub Audiovisual do Goberno autonómico

06/05/22 | 14:26 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta licita por máis de 2,5 M€ as obras de mellora do firme na estrada LU-113 ao seu paso polo concello de Abadín

O delegado territorial de Lugo, Javier Arias, anunciou que se acondicionarán os últimos 7,8 km, comezando á altura do enlace coa estrada LU-121 e rematando na conexión coa autovía do Cantábrico

06/05/22 | 14:18 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta e a Autoridade Portuaria da Coruña poñen en marcha a recuperación da fachada marítima investindo 3,1 M€ na estrutura flotante do Parrote, que estará rematada en 2023

O Goberno galego traballa xa na tramitación do convenio coa Autoridade Portuaria para materializar a colaboración nesta actuación

06/05/22 | 14:04 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta publica as listas provisionais de admitidos nas súas 174 escolas infantís

Foron admitidas o 86% das solicitudes para este curso, que será o primeiro no que se aplicará a gratuidade universal para todas as familias galegas

06/05/22 | 13:57 | C. de Facenda e Administración Pública

Xunta e BEI reúnense para abordar o marco de colaboración entre ambas institucións

O Goberno galego e o Banco Europeo de Investimentos formalizaron o mes pasado unha liña de financiamento de 150 millóns de euros para infraestruturas sanitarias

06/05/22 | 13:51 | C. de Sanidade

A Xunta adapta a norma que regula os estudos observacionais con medicamentos de uso humano

O Executivo galego vén de publicar no Portal de transparencia e goberno aberto o proxecto de decreto polo que se regulan estes estudos

06/05/22 | 13:43 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta publica hoxe no Diario Oficial de Galicia a actualización das tarifas aplicables aos servizos de taxi no ámbito interurbano, en vigor desde o 23 de maio

A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade atende a solicitude a revisión de prezos de transporte público de viaxeiros en automóbiles de turismo, de acordo co Consello Galego de Transportes, que estaban vixentes e sen variación desde o ano 2014

06/05/22 | 13:36 | C. do Medio Rural

A Xunta destaca a importancia das axudas de incorporación de mozos como medio para fomentar a remuda xeracional no agro galego

José Balseiros, que estivo acompañado polo delegado da Xunta en Lugo, Javier Arias, lembrou que só na convocatoria deste ano o Goberno galego destina 15 millóns de euros a esta liña de subvencións

06/05/22 | 13:34 | C. de Economía e Industria

A adega de Valdeorras Vinos Barco recibe o certificado que acredita o selo de garantía de Galicia Calidade

A xerente de Galicia Calidade, Ana Méndez, destaca a aposta pola excelencia desta cooperativa, que ten unha capacidade de produción de dous millóns de botellas ao ano