Hemeroteca
Novas publicadas antes de 2023
A Xunta salienta o seu compromiso coas medidas que a Unión Europea impulsa para fomentar as oportunidades da mocidade
Os programas Erasmus+, o Corpo Europeo de Solidariedade ou Galeuropa son algunhas destas iniciativas coas que se promove a formación, a convivencia ou a interculturali-dade entre a xuventude
As unidades móbiles Coidados porta a porta da Xunta atenderon nun mes a máis de 600 usuarios na Mariña
O delegado territorial de Lugo, Javier Arias, explicou que estes días recalan en Trabada e Foz para ofrecer servizos de podoloxía, audioloxía e estimulación da memoria
A Xunta entrega 4 remolques de emerxencias a agrupacións de voluntarios de Protección Civil da provincia de Ourense
O director xeral de Emerxencias e Interior, Santiago Villanueva, e o delegado territorial da Xunta en Ourense, Gabriel Alén, fixeron entrega hoxe deste material ás agrupacións dos concellos de Sarreaus, Beariz, San Xoán de Río e Celanova, que se suman aos xa cedidos aos municipios de Carnota e Vilanova de Arousa
A Xunta defende a importancia de seguir contando con Bioga para dar resposta a retos como o cambio de modelo produtivo que, na próxima década, suporá a bioindustria
O vicepresidente económico e conselleiro de Economía, Empresa e Innovación en funcións, Francisco Conde, participou hoxe na Coruña na XIX Asemblea xeral de Bioga
O Sergas oferta máis de 2.500 prazas a prol da estabilización no emprego
A oferta recolle un total de 2.524 prazas das que 1.650 serán por concurso de méritos e 840 por concurso oposición
A Xunta licita as obras de mellora do firme na estrada OU-504 ao paso polos concellos de Ribadavia e de Cea, cun investimento de máis de 1,1 M€
As empresas poderán presentar as súas ofertas ata o vindeiro 1 de xuño
A Xunta mantén a prealerta por seca en toda a conca da demarcación Galicia-Costa ante os baixos caudais dos ríos
A oficina técnica da seca amosa preocupación pola situación xeral de cara ao verán e especialmente polos rexistros de caudais circulantes, que en abril estiveron un 48% por debaixo dos valores habituais nese mes
A Xunta concede máis de 136.000 euros a cinco concellos da comarca de Santiago para corrixir impactos paisaxísticos nos equipamentos e edificios municipais
A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda vén de resolver as solicitudes de axudas da convocatoria de 2022, dirixida ás entidades locais de menos de 20.000 habitantes, para emendar os impactos negativos que poden causar na contorna