Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 28027 novas:

07/05/22 | 13:00

A Xunta pon en valor os beneficios saudables da dieta atlántica baseada nos produtos do mar

Rosa Quintana salientou a importancia da concienciación para promover o consumo de peixes e mariscos e puxo como exemplo as campañas que desenvolve o Goberno galego entre a poboación xuvenil, que desde 2010 achegaron a máis de 160.000 nenas e nenos os beneficios de consumir peixes e mariscos

07/05/22 | 12:26 | C. de Política Social e Igualdade

Máis de 2.500 maiores beneficiáronse dos servizos que ofrece o programa Coidados Porta a Porta no seu primeiro mes de funcionamento

O servizo máis demandado é o de podoloxía, con 943 consultas, seguido do de audioloxía, con 923, e o de estimulación da memoria, con 644

07/05/22 | 12:16

A Xunta concede máis de 28.000 euros a Cee e a Dumbría para corrixir impactos paisaxísticos nos equipamentos e edificios municipais

O Goberno galego concede incentivos a estes concellos para os proxectos de me-llora do campo de fútbol municipal en Dumbría e de recuperación do lavadoiro pró-ximo ao conxunto etnográfico de Morancelle en Cee

07/05/22 | 12:03 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta segue avanzando no centro integral de saúde de Lalín coa impermeabilización das cubertas e a formación de pendentes practicamente rematadas

As obras, nas que actualmente traballan 16 operarios, xa acadaron a formación de pendentes en tres das cubertas e está iniciada a da cuberta superior

07/05/22 | 11:47 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A execución do Hospital Público Gran Montecelo, en Pontevedra, continúa progresando co inicio da segunda fase das escavacións

Esta nova etapa comeza a semana na que as obras cumpren un ano e tras o desvío do gasoduto e a recente entrada en servizo das súas redes dun quilómetro de lonxitude

07/05/22 | 10:40 | C. de Sanidade

Galicia rexistra un total de 17.361 casos activos por coronavirus

Un total de 575.040 pacientes xa están curados

06/05/22 | 21:15 | A Presidencia da Xunta

Feijóo enxalza o labor da Bienal de Cartelismo Terras Gauda para situar Galicia á vangarda das artes internacionais e impulsar a imaxe da comunidade no exterior

Destaca a traxectoria deste certame, que permite que artistas de todo o mundo dean a coñecer os seus traballos, durante os máis de 30 días que estas obras se exhiben na Estación Marítima de Vigo

06/05/22 | 20:25 | C. de Política Social e Igualdade
06/05/22 | 20:14 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta apoia o asociacionismo entre mulleres para dar visibilidade ao liderado e ao talento feminino

A directora xeral de Administración Local, Natalia Prieto, asistiu a un encontro das asociacións Executivas de Galicia e Mulleres no sector público para estreitar lazos e sumar esforzos na loita pola igualdade de oportunidades entre homes e mulleres