Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 28027 novas:

06/05/22 | 10:38 | C. do Medio Rural

A Xunta vén de transferir máis de 14,3 M€ a 3.670 beneficiarios das axudas agroambientais e de agricultura ecolóxica da convocatoria da PAC de 2021

O Fondo Galego de Garantía Agraria (Fogga), organismo pagador dependente da Consellería do Medio Rural, realizou as correspondentes transferencias que chegarán ás contas dos particulares ao longo da semana que vén

06/05/22 | 10:24 | C. do Medio Rural

A Xunta estrea mañá a tramitación electrónica para acadar en 2025 as 100 agrupacións forestais de xestión conxunta e os 25.000 silvicultores activos en beneficio do monte galego

O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a orde pola que se regulará o recoñecemento e inscrición nos pertinentes rexistros destas dúas figuras, uns procedementos que estarán abertos durante todo o ano

06/05/22 | 10:07 | C. de Sanidade

Galicia rexistra un total de 17.508 casos activos por coronavirus

Un total de 573.442 pacientes xa están curados

06/05/22 | 09:28

A Xunta adapta o procedemento de solicitude dos ERTE á nova regulación laboral do mecanismo RED

A Xunta publica hoxe no DOG as novidades no procedemento e o modelo que deben utilizar as empresas para solicitar reducións de xornada ou suspensións de contratos de traballo no marco do novo mecanismo

05/05/22 | 19:41

A Xunta avanza en Lugo que traballa nunha nova Estratexia de responsabilidade social empresarial para construír unha Galicia máis sostible e competitiva

A directora xeral de Relacións Laborais, Elena Mancha, participou hoxe na I Feira de talento e emprego que organiza a Asociación de Empresarios do Ceao As Gándaras, na que puxo en valor as vantaxes de aplicar a RSE nos modelos de negocio

05/05/22 | 17:06

A Xunta inviste arredor de 4 M€ na mellora da iluminación de preto de 30 portos autonómicos para acadar un aforro enerxético de ata o 60%

A Consellería do Mar e Portos de Galicia asinan un acordo de colaboración para a financiación deste proxecto a través de fondos FEMP e fondos propios de ambas entidades

05/05/22 | 16:41 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Fernández-Tapias participa nos obradoiros da escola infantil da Rúa Aragón para concienciar sobre a importancia da hixiene de mans

A delegada territorial da Xunta en Vigo acudiu a un encontro cos máis pequenos con motivo do Día Mundial da Hixiene de Mans

05/05/22 | 16:29 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta destaca a importancia da formación dos servizos de emerxencias para atender as incidencias relacionadas con Protección Civil e incendios

O director xeral de Emerxencias e Interior, Santiago Villanueva, recibiu hoxe aos membros da nova xunta directiva da Asociación Profesional de Técnicos de Bombeiros en Galicia

05/05/22 | 15:52 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta colabora co concello de Folgoso do Courel na mellora da eficiencia enerxética e na climatización do albergue municipal

A directora xeral de Administración Local, Natalia Prieto, visitou hoxe co delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias, as actuacións levadas a cabo o ano pasado ao abeiro do Fondo de Compensación Ambiental