Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 28027 novas:

05/05/22 | 14:47 | C. de Facenda e Administración Pública

A Xunta reforza con 36 funcionarios o servizo de atención ao contribuínte na campaña da renda 2021

Galicia é a segunda comunidade autónoma que aporta máis colaboración de España á Axencia Estatal de Administración Tributaria (AEAT)

05/05/22 | 14:44 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

O museo Massó de Bueu comeza esta semana as actividades conmemorativas do día internacional dos museos

Haberá visitas guiadas todos os domingos de maio e na fin de semana do 21 e 22 desenvolveranse un obradoiro didáctico para todos os públicos e un percorrido pola antiga fábrica de salga de Mourisca

05/05/22 | 14:34 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes; C. de Sanidade

A Xunta apoia dous programas de atención integral impulsados por Albores no ámbito da saúde mental

O delegado territorial de Lugo, Javier Arias, explica que a entidade de Monforte de Lemos contou coa colaboración da Consellería de Sanidade para promover accións de acompañamento no fogar e de inserción sociolaboral

05/05/22 | 14:33 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta pon en marcha coa asociación Videoxogo.gal o polo de aceleración deste sector ao abeiro do hub audiovisual

O conselleiro de Cultura, Educación e Universidade en funcións, Román Rodríguez, e a presidenta da Asociación Galega de Videoxogos e Contidos Interactivos, Luz Castro, presentaron o convenio para a xestión deste programa, dotado con 360.000 euros

05/05/22 | 14:30

A Xunta financia con case 50.000 euros o mantemento da casa de acollida para vítimas de violencia de xénero de Ferrol

Este recurso intégrase dentro da Rede Galega de Acollemento que o ano pasado acubillou a 114 mulleres e 89 menores

05/05/22 | 14:27 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta recibe 9 ofertas para redactar o proxecto básico e de execución das obras do novo centro de saúde de Vilagarcía de Arousa

O contrato, licitado por importe de 475.023 €, consta dun prazo de 4 meses para entregar o proxecto básico e 5 para ultimar o proxecto de execución

05/05/22 | 14:18 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

Ethel Vázquez informa ao alcalde de Moraña da licitación este verán da renovación de beirarrúas na PO-226, cun investimento da Xunta de 310.000 euros

Melloraranse as beirarrúas nun treito de 300 metros, desde a intersección coa PO-221 e o quilómetro 5+600 da estrada PO-226, adecuándoas á normativa de accesibilidade

05/05/22 | 14:14 | C. do Medio Rural

A Xunta pon de relevo a vintena de aldeas modelo aprobadas ao abeiro da Lei de recuperación da terra agraria no 1º encontro de aldeas do século XXI que se celebra en Asturias

Alejandro Sánchez de Dios destacou as posibilidades de dinamización social e económica que ofrece esta figura que xa está servindo para poñer en valor 19 núcleos de poboación galegos, ao tempo que se avanza na anticipación aos incendios forestais

05/05/22 | 14:10 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta convoca para maio e xuño as primeiras probas Celga do ano con máis de 2000 matriculados

O IES Antonio Fraguas e a EGAP de Santiago e mais a EOI de Ponferrada acollerán estas probas os días 28 e 29 de maio e 4, 5 e 11 de xuño

05/05/22 | 14:01 | C. do Medio Rural

Trenor informa de que as axudas da PAC para agricultores e gandeiros ascenderon en 2021 a máis de 9,2 M€ e beneficiaron a máis de 1.240 explotacións da comarca da Coruña

O delegado da Xunta destacou nunha explotación beneficiaria de Mesía estes apoios son os máis importantes para as comarcas rurais de Galicia, tanto polo número de beneficiarios como polo importe concedido