Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 1597 novas da área temática Benestar:

03/12/22 | 13:15 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta licita as obras de acondicionamento do punto de encontro familiar da Coruña, que contarán cun investimento de preto de 540.000 euros

Os traballos, que terán un prazo de execución de seis meses, permitirán trasladar o servizo do Edificio A do complexo do Centro de Atención a Persoas con Discapacidade (CAPD) da Coruña, ao Edificio F, para contar con mellores instalacións

03/12/22 | 12:30 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta salienta o valor do deporte como ferramenta para a inclusión das persoas con discapacidade

O Goberno galego incrementa nun 16% os fondos destinados á atención á discapacidade no orzamento de 2023, ata superar os 165 millóns de euros

02/12/22 | 15:47 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta traballa para que o primeiro centro público de atención á discapacidade de Ourense entre canto antes en funcionamento

Formará parte da rede autonómica e ofertará ás familias 110 prazas públicas: 80 residenciais e 30 de atención diúrna
 

02/12/22 | 15:21

A Xunta reforza a loita contra a violencia de xénero cun novo marco legal que loitará contra a discriminación múltiple e recoñecerá dereitos ás mulleres rurais e do mar

A secretaria xeral da Igualdade, Susana López Abella, participou na xuntanza da mesa local contra a violencia de xénero de Melide

02/12/22 | 13:31 | C. de Política Social e Igualdade

Fabiola García sinala a necesidade de implicar a toda a sociedade no avance cara unha Galicia máis inclusiva coas persoas con discapacidade

Destacou o apoio que a Xunta presta a estas persoas e ás súas familias en todos os seus pasos vitais: na infancia, na etapa educativa ou no acceso ao mundo laboral

01/12/22 | 18:27 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta destaca o traballo do Comité Antisida da Coruña a prol da plena integración e a eliminación de prexuízos

O Goberno galego apoia o funcionamento do centro de acollida e de atención social deste comité, así como as súas actividades de formación

01/12/22 | 14:24 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta lembra que o novo modelo de coidados debe pasar por unha maior coordinación sociosanitaria

Galicia comezou a dar pasos neste sentido coa implantación da Historia Clínica Electrónica ou coa creación de canles de comunicación directa cos hospitais galegos para a renovación de receitas médicas