Hemeroteca
Novas publicadas antes de 2023
A Xunta colabora con catro fondos de investimento que teñen permitido captar xa 9 M€ en Galicia
O vicepresidente económico e conselleiro de Economía, Empresa e Innovación, Francisco Conde, visitou esta mañá en Vigo as instalacións da start-up Bizaway, unha das empresas apoiadas a través do fondo Mundi Ventures
A Xunta pon en valor a excelencia dos produtos galegos que se verá reforzada coa nova Lei da calidade alimentaria de Galicia
A Consellería do Medio Rural ten un posto con dúas illas que alberga un total de 29 empresas agrarias, das cales 14 son do sector alimentario en xeral e 15 do sector vinícola e de bebidas espirituosas
O Fondo de rodaxes do Hub audiovisual da Xunta xera un impacto de máis de 15M€ a través das súas catro primeiras producións subvencionadas
— Román Rodríguez adianta as primeiras estimacións do estudio encargado á Universidade de Santiago para cuantificar o retorno da filmación en Galicia da longa 13 Exorcismos e das series Rapa, Argonautas e Hasta el cielo, beneficiarias de 1,3M€ a través da primeira quenda destas axudas para a atracción de rodaxes
Centros escolares de Lugo e As Pontes acollen novas sesións de contacontos sobre galegas referentes
? O CEIP de Casás de Lugo, e o CEIP Plurilingüe de A Magdalena de As Pontes, celebrarán mañá cadansúas sesións de contacontos ilustrados que versarán sobre as figuras da artista Maruxa Mallo e da oceanógrafa Ángeles Alvariño
A Xunta e o Centro Cripotolóxico Nacional inician a segunda edición do Curso Superior de Ciberseguridade para empregados públicos das diferentes administracións
Desde hoxe e ata o 23 de xuño impartiranse máis de 100 horas lectivas para profesionais do ámbito tecnolóxico da administración autonómica, concellos e universidades
Fernández-Tapias reclama ao Goberno central que atenda as necesidades de Vigo: “saída sur e Stellantis son claves para a cidade”
A delegada territorial da Xunta en Vigo lamenta os “permanentes agravios” á cidade en asuntos de “máxima importancia” para a economía e o emprego
Martina Aneiros supervisa as obras de acondicionamento e mellora no CEIP de As Somozas no que a Xunta investiu preto de 100.000 euros
As melloras, levadas a cabo ao abeiro do Plan de Nova Arquitectura Pedagóxica da Xunta, consistiron na substitución das carpinterías exteriores do centro e a instalación dun salvaescaleiras para facilitar o acceso para as persoas con problemas de mobilidade
A Xunta colabora coa Catedral de Santiago para ofrecer a mellor atención a turistas e peregrinos neste Xacobeo 21-22
O vicepresidente primeiro da Xunta, Alfonso Rueda, asinou hoxe co director da Fundación Catedral, Daniel Lorenzo, dous convenios de colaboración co obxectivo de duplicar o persoal do Centro de Atención ao Peregrino e do servizo de seguridade da Catedral
O encontro Corazón da Artesanía regresa a Agolada do 8 ao 10 de xullo como punto de encontro dos oficios artesanais
O director xeral de Comercio, Manuel Heredia, e o delegado territorial da Xunta en Pontevedra, Luis López, presentaron esta mañá a novena edición do encontro, na que participarán máis de 35 artesáns de diferentes oficios e unha trintena de expositores de produtos de alimentación
A Xunta colabora na mellora da accesibilidade da casa do concello de Paderne de Allariz
— A directora xeral de Administración Local, Natalia Prieto, acompañada do delegado territorial da Xunta en Ourense, Gabriel Alén, visitou as dependencias municipais tras a instalación dun ascensor para comunicar as tres plantas do edificio