Hemeroteca
Novas publicadas antes de 2023
A Xunta e o concello de Porto do Son acordan a localización do futuro centro de saúde desta vila
O novo centro estará situado nunha parcela lindeira ao edificio do Concello que xa é de titularidade municipal, o que simplifica os trámites
A Xunta apoia ao piloto Manuel Arias e á copiloto Yolanda Fernández para participar na Copa de España de Mototurismo
O delegado territorial de Lugo, Javier Arias, explica que a Administración autonómica colabora cos gastos dos desprazamentos para que ambos deportistas leven a marca Galicia e o Xacobeo por todo o territorio nacional
A Xunta participa no Consello Nacional de Protección Civil para avanzar na coordinación ante as emerxencias
O director xeral de Emerxencias e Interior, Santiago Villanueva, asistiu hoxe á reunión do IV Pleno do Consello Nacional de Protección Civil
A Xunta e o concello de Larouco acordan impulsar a execución dunha nova senda entre Freixido e A Caseta
A nova actuación, que suporá un investimento próximo aos 50.000 euros, completará as obras de mellora da seguridade viaria e da accesibilidade que se están a desenvolver agora mesmo na estrada autonómica OU-636
O Sergas presenta ás centrais sindicais un novo sistema de contratación telemática para as ofertas de vinculación temporal
Na liña de modernización, mellora da xestión e maior transparencia
A Xunta pide ao Goberno central que cumpra os seus compromisos co sector e axilice a tramitación das compensacións pola dragaxe da ría do Burgo
O Executivo galego lembra que xa hai máis de dous meses que a Administración estatal recoñeceu a súa obriga de afrontar eses pagos e prometeu buscar a fórmula máis axeitada de tramitalos
A Xunta executa as obras dunha nova senda peonil na estrada PO-235, no concello da Lama
Estas actuacións supoñen un investimento autonómico de máis de 48.000 euros
A Xunta impulsa o turismo náutico como modelo de promoción da Galicia litoral e dos camiños do mar
O vicepresidente primeiro da Xunta, Alfonso Rueda, asinou hoxe co presidente da Asociación de Náuticos de Galicia (Asnauga), Javier Ruíz de Cortázar, un convenio para a promoción e comercialización do turismo náutico
O Plan Hidrolóxico de Galicia-Costa prevé un investimento de 1.885 M€ ata 2027 nun total de 212 medidas destinadas a afondar na mellora da calidade das augas nun contexto marcado polo cambio climático
Vázquez Mourelle salienta que o 80% das masas de auga da bacía están en bo estado e o obxectivo deste 3º ciclo de planificación hidrolóxica é acadar unha porcentaxe do 100%