Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 28027 novas:

26/04/22 | 11:48 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional; A Presidencia da Xunta

A Xunta investirá 8 M€ para a creación de 220 Polos creativos en centros educativos galegos e impulsar as competencias dixitais como a robótica ou a intelixencia artificial

Feijóo precisa que estes espazos estarán situados nos propios colexios e institutos, co fin de que, a través de diferentes proxectos, os nenos accedan desde idades temperás a aspectos que forman parte da nosa realidade e que son imprescindibles para calquera profesión do futuro

26/04/22 | 11:41 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta recibe as ofertas de 3 empresas para a redacción do proxecto básico e de execución das obras do novo centro de saúde da Rúa, cun investimento de case 145.000€

?      Neste contrato definirase a idea global do edificio e da súa urbanización, coa concepción construtiva e instalacións, integrando a madeira no seu deseño e dando unha resposta tecnolóxica de baixo consumo enerxético

26/04/22 | 11:28

A Xunta sube un 77 % o orzamento do Plan de Formación para o Emprego en 2022 para promover accións adaptadas ás necesidades de cualificación de Galicia

A conselleira de Emprego e Igualdade, María Jesús Lorenzana, inaugurou hoxe en Oleiros, a 11ª Feira de emprego e formación da escola de negocios IFFE

26/04/22 | 10:43 | C. do Medio Rural

A Xunta crea a nova unidade da Consellería do Medio Rural que asumirá as funcións da axencia de control alimentario en Galicia para cumprir a Lei da cadea e frear a venda a perdas

O Diario Oficial de Galicia publica hoxe o decreto polo que se modifica a estrutura orgánica da Consellería do Medio Rural para crear o Servizo da Cadea Agroalimentaria e Control de Prácticas Comerciais Desleais

26/04/22 | 10:36 | C. de Sanidade

Galicia rexistra un total de 14.798 casos activos por coronavirus

Un total de 561.063 pacientes xa están curados

26/04/22 | 10:27 | C. do Medio Rural

A Xunta destina 340.000 euros ás axudas para programas de calidade desenvolvidos por consellos reguladores

O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a resolución que regula estas subvencións, que se poderán solicitar no prazo dun mes a contar dende mañá

26/04/22 | 08:56

O DOG publica a ampliación ata os 4,7M€ das axudas ao lecer nocturno polos peches de fin de ano para que cheguen a todos os negocios que cumpren requisitos

A Consellería de Emprego e Igualdade engadiu 1,2M€ á partida inicial de 3,5M€ para achegar as axudas, que poden ir dos 2.500 aos 45.000 euros, aos establecementos que cumpran coas condicións da orde

25/04/22 | 19:25 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Román Rodríguez salienta o papel da preservación dos bens patrimoniais na construción da historia

O conselleiro de Cultura, Educación e Universidade participa na presentación do Caderno de Estudos Galegos ‘Os mosteiros do Reino de Galicia entre 1705 e 1540: da reforma gregoriana á observante’ do Instituto de Estudos Galegos Padre Sarmiento

25/04/22 | 17:53 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta executará obras de reforma no CEIP de Xermade nas que investirá 267.000 euros

O delegado territorial, Javier Arias, explica que os traballos xa foron licitados e incidirán na mellora da eficiencia enerxética e da accesibilidade

25/04/22 | 17:32 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta estuda posibles colaboracións co Circo de Artesáns da Coruña no seu 175 aniversario

O secretario xeral de Cultura, Anxo M. Lorenzo, e o delegado territorial da Xunta na Coruña, Gonzalo Trenor, visitan a sede da entidade