Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 28027 novas:

26/04/22 | 17:53 | C. de Economía e Industria

A Xunta defende a importancia de deseñar medidas para a promoción do uso da madeira na construción

O director da Axencia Galega da Industria Forestal (Xera), Ignacio Lema, participou esta tarde en Madrid nunha mesa redonda no marco do encontro Rebuild 2022 onde expuxo as medidas e accións do Goberno galego

26/04/22 | 17:49 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta agradece ao rei Felipe VI o seu apoio ao Camiño de Santiago nun Ano Santo que se prevé histórico

O vicepresidente primeiro da Xunta, Alfonso Rueda, asistiu en Sarria á visita do monarca en apoio ás forzas da orde que protexen as rutas xacobeas e acompañan aos peregrinos

26/04/22 | 17:41 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

‘FalaRedes 2022’ abre cunha homenaxe a Florencio Delgado Gurriarán

O secretario xeral de Política Lingüística presenta a undécima edición do programa de dinamización da lingua galega

26/04/22 | 17:13 | C. do Medio Rural

A Xunta e o Concello das Neves avaliarán a implementación dun polígono de viñedo e planta ornamental no marco do proxecto europeo Forvalue

Este instrumento ao abeiro da Lei de recuperación da terra agraria púxose sobre a mesa mentres se está a avanzar na execución da aldea modelo da Porteliña tamén neste municipio, cunha superficie de 34,57 hectáreas

26/04/22 | 16:42 | C. de Economía e Industria; A Presidencia da Xunta

Feijóo valora a decisión empresarial de Altri de elixir Palas de Rei como a mellor localización posible para o complexo de fibras téxtiles, “o proxecto Next Generation máis importante” da candidatura galega aos fondos europeos

Salienta que con esta decisión, froito da análise técnica exhaustiva por parte da empresa, dáse un paso fundamental para avanzar neste proxecto, cumpríndose así coa solicitude feita de xeito unánime polo Parlamento galego para que a fábrica se asentase na provincia de Lugo

26/04/22 | 15:42 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Santiago acollerá este ano a concentración internacional de policías motoristas con motivo do Xacobeo 21-22

O director xeral de Emerxencias e Interior, Santiago Villanueva, e o comisario xefe da Policía Autonómica, Jorge Rubal, mantiveron esta mañá unha reunión sobre este evento con representantes da Asociación Internacional de Policía (IPA) en Galicia

26/04/22 | 15:11 | C. do Medio Rural

Gabriel Alén salienta que as axudas da Xunta para a reestruturación e reconversión de viñedos beneficiarán 108 viticultores da provincia de Ourense

O delegado territorial lembrou a recente publicación no Diario Oficial de Galicia da nova orde da Consellería do Medio Rural pola que se convocan as axudas deste ano que contan cun orzamento de 3 M€ e cuxo prazo de solicitude remata o 2 de maio

26/04/22 | 14:57 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta colabora co programa ‘Atopémonos bailando’ para acoller en Lugo as residencias de seis creadoras de Galicia, Madrid e Portugal

Colectivo Glovo e Concello de Lugo desenvolven esta edición, para a que foron selecionados os proxectos das artistas Paula Quintas, Sabela Mendoza, Sonsoles Cordón, Lucía Marote, Alba González Herrera e Sofía Kafol

26/04/22 | 14:47 | C. de Sanidade

O Sergas publica o lugar, a data e a hora dos exercicios da oposición para o ingreso en diversas categorías de persoal estatutario

Están convocadas un total de 12.279 persoas aspirantes ás probas selectivas que se realizarán no Recinto da Feira Internacional de Galicia, en Silleda, os días 7, 8, 14 e 15 de maio

26/04/22 | 14:41 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta aposta pola formación laboral para o sector de hostalería co obradoiro de emprego ‘A Lanzada IV’ no Concello do Grove

O delegado territorial, Luis López, visitou as actividades dos módulos de Operacións Básicas de Cociña e Servizo de Restaurante e Bar, que preparan a vinte persoas desempregadas ata xullo