Hemeroteca
Novas publicadas antes de 2023
Feijóo celebra que a unidade da sociedade galega se asemelle a unha familia "porque na súa mesa hai sitio para todos"
Enxalza a capacidade de unión e integración no seo da Comunidade: “será porque os galegos vivimos como comemos, sabemos que a mestura enriquece e que compartir multiplica”
A Xunta investirá máis de 5,3 millóns de euros en dotar de equipamento as aulas CeMIT para facilitar a capacitación dixital da cidadanía
No marco do Plan de Reforma e ampliación da Rede a Axencia vén de licitar un acordo marco para a compra de ordenadores all-in-one, pantallas interactivas, sistemas de videoconferencia, tablets, libros electrónicos, complementos audiovisuais e complementos inclusivos para persoas con discapacidade
O Programa da Xunta de dinamización da lectura nas bibliotecas públicas chegará este ano a 188 concellos
O Diario Oficial de Galicia publica a resolución de ‘Ler Conta Moito’, as axudas á programación de actividades que se desenvolverán en 235 centros bibliotecarios
A Xunta actualiza o 'manual de estilo' dos planeamentos urbanísticos para facilitar a súa tramitación e facelos máis accesibles
As Normas técnicas naceron en 2020 da necesidade dunha simplificación e homoxeneización destes instrumentos con obxectivos como a unificación do formato e dos documentos que os compoñen
A Xunta inicia en Ferrol un ciclo de xornadas de difusión de materiais innovadores para a sustentabilidade e a economía circular
O primeiro taller, que se celebrará de forma presencial e en liña, está aberto á inscrición e terá lugar o 28 de abril no CIS Tecnoloxía e Deseño
A unidade móbil de información para refuxiados ucraínos, impulsada pola Xunta, chega este luns a Santiago
Estará situada diante da oficina da Cruz Vermella —o luns, martes e venres— e na Cidade da Cultura —o mércores e xoves desta semana
A Xunta abre o prazo ata o vindeiro 11 de maio para inscribirse nas catas oficiais de viños e augardentes de Galicia 2022
Todos aqueles interesados terán que enviar o correspondente boletín de inscrición ao consello regulador correspondente, quen certificará que as empresas que se inscriban cumpren os requisitos e condicións establecidas nas bases do concurso
A Xunta lanza o reto ´Emprego 30 días´ en colaboración coa ‘influencer’ galega Eva Porto, experta en recursos humanos e orientación laboral
A través do programa, virtual e gratuíto , ofreceranse ás persoas interesadas retos diarios de 15 minutos para mellorar a selección en procesos de emprego, redactar os currículos ou enfrontar as entrevistas con seguridade