Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 28027 novas:

27/11/22 | 11:39 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta celebra o aniversario da Muralla como Patrimonio da Humanidade cunha programación cultural na Praza Maior

Será o día 30, con actuacións de música, danza e maxia, unha mostra fotográfica e a presentación dun xogo de realidade virtual patrocinado polo Goberno galego

27/11/22 | 11:27 | C. de Economía e Industria; A Presidencia da Xunta

A Xunta reafirma o seu compromiso coas empresas que apostan por desenvolver ou expandir os seus proxectos en Galicia

O titular do Goberno galego mantivo un encontro co presidente do Consello de Administración de Nueva Pescanova, José María Benavent, no que abordaron o proceso de innovación e expansión da compañía

27/11/22 | 10:31

Mañá abre a campaña extractiva da centola na provincia de Lugo

Nas provincias da Coruña e Pontevedra comezou o pasado 7 de novembro atendendo ao que establece o plan de xestión que regula a captura desta especie

27/11/22 | 10:24 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

Os traballos de mantemento nun viaduto do Corredor do Morrazo, ao paso por Cangas, farán necesario o corte de tráfico este luns e martes

O obxectivo é acometer tarefas de reposición dunha xunta de dilatación dun viaduto no último tramo da vía, entre Alto da Portela e Menduíña, en Cangas
 

27/11/22 | 10:17 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta amplía o prazo para participar no programa ‘Xuntos polo Nadal’, que ofrece estadías 100% gratuítas a persoas maiores durante estas datas

A inscrición permanecerá aberta ata o 5 de decembro e as persoas beneficiarias deberán ter máis de 60 anos e estar empadroadas nun concello galego
 

26/11/22 | 21:46 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes; C. de Política Social e Igualdade

A Xunta pon en valor o traballo da Fundación Andrea en apoio ás familias con nenos e nenas con enfermidades de longa duración, crónicas ou terminais

O vicepresidente segundo e conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, e a conselleira de Política Social e Xuventude, Fabiola García, e a conselleira do Mar, Rosa Quintana, participaron na gala anual da entidade, na que se entregaron catro “variñas máxicas” a persoas que colaboran coa organización
 

26/11/22 | 19:47 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta avanza en Culturgal as accións do Centro Dramático para a proxección exterior do teatro galego nunha decena de países

Os directores de Industrias Culturais, Jacobo Sutil, e do CDG, Fran Núñez, detallan esta nova dinámica de internacionalización, que inclúe a participación en dous proxectos europeos, programas de intercambio, xiras e presenza en festivais con producións propias e coproducións

26/11/22 | 19:01 | C. de Sanidade

O Programa galego de cribado neonatal incluirá a atrofia medular espiñal a partir do 2023

A Xunta incide na visibilización das enfermidades neuromusculares, no marco das IV Xornadas Galegas da ASEM

26/11/22 | 18:30 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Román Rodríguez sinala a Rosalía de Castro como símbolo de unión e de conexión de Galicia co mundo

Destaca o papel da colectividade galega no exterior “na posta en valor do orgullo pola súa terra desde a fraternidade, a irmandade e a colaboración”