Hemeroteca
Novas publicadas antes de 2023
A Xunta reivindica en Madrid os valores da marca Galicia Calidade buscando abrir novos mercados ao tecido empresarial galego
O vicepresidente primeiro e conselleiro de Economía, Industria e Innovación, Francisco Conde, participou no encontro ‘Con selo Galicia’, no que se presentou a marca de garantía e as empresas certificadas a diferentes prescritores
A Xunta construirá 500 novas vivendas públicas enerxeticamente eficientes grazas a un investimento de máis de 69 M€
Ángeles Vázquez explica que se emprazarán en Santiago, A Coruña, Vigo, Pontevedra e Lugo e destinaranse ao aluguer de familias con ingresos inferiores a 2,5 veces o IPREM
Lorenzana sinala que preto dun terzo do orzamento da área de Emprego para 2023 destínase á Economía Social
A conselleira de Promoción do Emprego e Igualdade destacou hoxe os valores que promove este modelo de negocio na presentación do Informe economía social en Galicia 2021 elaborado polo Centro de Estudos Cooperativos coa colaboración das universidades e co apoio da Xunta
O delegado territorial da Xunta en Ourense presenta o espectáculo de circo, maxia e danza 'Inventio'
Gabriel Alén explicou que esta proposta escénica de gran formato conta co apoio da Xunta de Galicia, a través do programa Xacobeo 21-22, e está concibida para público familiar brindará un total de tres funcións no Auditorio Municipal ourensán entre o venres 2 e o sábado 3 de decembro
O 061 de Galicia asistiu 82 persoas por 53 accidentes de tráfico durante a fin de semana
Desde as 15,00 horas do venres, 25 de novembro ata as 23,59 horas do domingo, 27 de novembro, a Central de Coordinación de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 recibiu 62 chamadas por accidentes de tráfico
A Xunta licita por 471.000 euros obras de mellora do pavillón polideportivo do IES Universidade Laboral de Ourense
O delegado territorial anunciou a licitación das obras de substitución de carpinterías, reforma e substitución de cubertas de vestiarios e substitución do grupo térmico no pavillón polideportivo
A Xunta licita por 400.000€ as melloras das instalacións do colexio Ramón Valenzuela de Silleda
Román Rodríguez explica que as obras abranguen a reforma de aseos e a substitución de cubertas, entre outras actuacións
Os servizos de anxioloxía e cirurxía vascular do Sergas rexistran os mellores tempos de espera do Sistema Nacional de Saúde
O Servizo Galego de Saúde rexistra os mellores datos de espera media nesta especialidade, con 53 días, moi por debaixo das restantes comunidades autónomas
A Xunta significa o valor das Mesas Locais contra a violencia de xénero como un espazo para a mellora continua de resposta ás vítimas
O delegado territorial subliñou que estes encontros pretenden dar a coñecer os principais resultados da Diagnose sobre a situación da Mesas Locais, xerar un espazo de intercambio e coñecementos sobre boas prácticas de iniciativas de Mesas e, á súa vez, recoller novas accións de intervención
A nova Lei de igualdade situará o benestar laboral como panca para o crecemento económico de Galicia e a mellora das condicións da poboación traballadora
A directora xeral de Relacións Laborais, Elena Mancha, participou na xornada formativa ‘Intelixencia emocional aplicada ás relacións laborais nas entidades da discapacidade’ onde vencellou o benestar laboral cunha maior produtividade