Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 28027 novas:

26/11/22 | 10:00 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A execución das obras de conservación da Ponte Ceilán, nos concellos de Noia e de Outes, farán necesario manter o corte dun carril entre o luns e o venres da vindeira semana

Trátase de avanzar nos traballos iniciados esta mesma semana, coa cimentación da nova varanda que se instalará na ponte

25/11/22 | 20:31 | C. de Economía e Industria

Luis López salienta que a Xunta destinará 360 M€ á Axenda Industrial en 2023 no acto do oitavo aniversario do 'BNI PTV Milenium' de Pontevedra

O delegado territorial en Pontevedra, Luis López, explica que a Consellería de Economía, Industria e Innovación elevará os seus orzamentos nun 12% para seguir favorecendo o crecemento industrial e económico da comunidade

25/11/22 | 20:13 | Axencia de Turismo de Galicia

A Xunta participa na presentación dos proxectos finalistas da segunda edición da Aceleradora Galega de Turismo

O xerente de Turismo de Galicia, Antonio Casas, participou na presentación dos proxectos finalistas ante os inversores

25/11/22 | 18:52 | C. de Política Social e Igualdade

Ánxel Carramal e Ciro Fernández, gañadores de banda deseñada e poesía do programa Xuventude Crea

O segundo en banda deseñada foi para Brais Fierro, con ‘A Ponte’; e o terceiro para Daniel Souto, coa obra ‘Rapid Eye Movements’

25/11/22 | 18:43 | C. de Sanidade

Os robots cirúrxicos incorporados pola Xunta á sanidade pública galega roldarán as 2.500 intervencións realizadas a finais deste ano

O conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, agradeceu aos cirurxiáns galegos a súa implicación con esta nova tecnoloxía, durante a inauguración da reunión da Sociedade de Cirurxía de Galicia

25/11/22 | 17:09 | C. de Sanidade

Galicia sitúase como a cuarta comunidade autónoma con mellores datos de listas de agarda para cirurxías

O tempo medio de espera en Galicia sitúase en 75 días, cando a media estatal está en 113 (38 días menos que a media española)

25/11/22 | 16:49 | C. de Economía e Industria; A Presidencia da Xunta

Rueda valora a pegada cordial dos galegos en Cataluña e a súa contribución á Galicia atractiva do turismo, do retorno e da captación de investimentos

Subliña os lazos familiares, culturais e económicos que unen a Galicia con Cataluña e subliña que as identidades suman e que “non é necesario renunciar a ningunha nin ter que confrontalas”

25/11/22 | 16:19

Galicia censura a configuración da Mesa Estatal da Ciencia Pesqueira polo escaso peso das comunidades e a ausencia de centros punteiros de investigación

A conselleira do Mar remitiu unha carta ao ministro de Agricultura, Pesca e Alimentación pedindo que medie ante o Ministerio de Presidencia, Relacións coas Cortes e Memoria Democrática e se revise a constitución, composición e funcionamento da mesa para que sexa unha verdadeira aliada do sector pesqueiro