Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 28027 novas:

25/11/22 | 15:17 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta urxe ao Goberno de España unha planificación técnica e económica decidida para impulsar a conexión ferroviaria entre Vigo e Porto

Ignacio Maestro remarca que cómpre que a conexión ferroviaria Vigo-Porto sexa declarada como Rede Básica e parte do Corredor Atlántico

25/11/22 | 15:15

O programa Mentoring da Xunta apoia a 220 autónomos na adaptación ou transformación dos seus negocios

A secretaria xeral de Apoio ao Emprego, Economía Social e Traballo Autónomo, Covadonga Toca, participou hoxe en Santiago nun encontro cos participantes no que se intercambiaron experiencias e avaliaron posibles colaboracións

25/11/22 | 15:08 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Gabriel Alén subliña o compromiso da Xunta co turismo activo de calidade, un turismo verde, responsable, sustentable e tranquilo

O delegado territorial dixo que nestas dúas xornadas “ demos a coñecer Galicia como destino activo e saudable que ofrece multitude de opcións para gozar do deporte e das actividades ao aire libre”

25/11/22 | 15:08 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta avanza co Goberno central na implantación dos rexistros civís exclusivos

O director xeral de Xustiza, José Tronchoni, participou hoxe na conferencia sectorial entre o Ministerio de Xustiza e as comunidades autónomas, na que se acordaron tamén as especificidades do equipamento técnico das salas de vistas dixitais dos xulgados
 

25/11/22 | 14:50 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Lete destaca a importancia de transmitir a nobreza do karate entre os máis novos na presentación do nacional Cadete, Júnior e Sub-21 de Pontevedra

Terá lugar esta fin de semana en Pontevedra, participarán un total de 757 deportistas das 17 comunidades autónomas españolas e contará con 38 karatekas galegos e galegas

25/11/22 | 14:48

A Xunta concede case 500.000 € á Reserva de Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo para mellorar a xestión da biodiversidade e eliminar especies invasoras

Belén do Campo pon en valor o traballo exemplar feito polos xestores desta reserva, a segunda máis recente das 7 declaradas en Galicia, e subliña que os expertos da Unesco están xa a traballar na avaliación dos resultados dos 10 primeiros anos da súa xestión

25/11/22 | 14:46 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Román Rodríguez felicita os profesionais da cultura porque co seu traballo o sector mellora xa as cifras previas á pandemia

Salienta o bo momento dos creadores e creadoras galegos e compromete novos apoios para medrar, innovar e gañar visibilidade

25/11/22 | 14:43

A Xunta aclara que se poderán despregar tendidos aéreos en solo rústico para garantir os servizos de telecomunicacións á cidadanía

A lei básica estatal de telecomunicacións especifica que no caso de que non existan canalizacións subterráneas ou que non sexa posible o seu uso, os operadores poderán efectuar despregues aéreos seguindo os previamente existentes

25/11/22 | 14:41 | C. do Medio Rural

A Xunta reclama ao Goberno central máis tempo e un enfoque máis participativo cara ás autonomías e cara ao sector na planificación forestal estatal

José González pediu a Madrid que corrixa os prazos e a orientación dos trámites da Estratexia forestal española, o Plan forestal estatal e as directrices básicas da ordenación forestal