Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 28027 novas:

25/11/22 | 14:17 | C. de Economía e Industria

O centro de investigación UDC – Navantia apoiado pola Xunta comeza a súa andadura cun investimento de 3,7 M€ e o obxectivo de avanzar cara ao estaleiro 5.0

O vicepresidente primeiro e conselleiro de Economía, Industria e Innovación, Francisco Conde, interveu na presentación que se celebrou hoxe en Ferrol

25/11/22 | 14:08

A Xunta avanza na redacción do anteproxecto da Lei de ordenación do litoral de Galicia co obxectivo de presentalo antes de que remate 2022

Ángeles Vázquez considera que é vital acadar unha correcta ordenación do territorial, na que se combine a protección ambiental e o desenvolvemento económico do sector pesqueiro
 

25/11/22 | 14:02 | C. de Sanidade

As axudas da Xunta para entidades do eido da saúde mental aumentarán a súa contía en case un 20% no ano 2023

O conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, participou na presentación do programa “Un intruso no meu cerebro” da Fundación Lar, un dos case 60 beneficiarios das axudas outorgadas neste 2022
 

25/11/22 | 13:59 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes
25/11/22 | 13:58 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Fernández-Tapias aposta pola educación e a formación como mellor solución na loita contra a violencia de xénero

A delegada territorial da Xunta en Vigo participou nos actos do 25-N e na charla co alumnado de Bacharelato do IES de Valadares

25/11/22 | 13:57 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta convoca, para decembro e febreiro, os propietarios dos terreos necesarios para executar a primeira fase da Variante de Ribeira

Segundo recolle hoxe o Diario Oficial de Galicia, o levantamento de actas previas á ocupación será os días 12, 13 e 14 de decembro e a formalización o 23 e 24 de febreiro
 

25/11/22 | 13:52 | C. do Medio Rural

O inventario forestal continuo de Galicia dará a coñecer a cantidade de madeira dispoñible nos nosos montes e a súa calidade

Jacobo Aboal lembrou que está dispoñible unha nova páxina web que inclúe un visor cartográfico e un centro de descargas con todos os datos capturados polas parcelas de inventariación ata o momento