Hemeroteca
Novas publicadas antes de 2023
A Xunta reforza os seus vínculos con Xapón mediante accións para celebrar o 25 aniversario do irmandamento entre o Camiño de Santiago e o Camiño de Kumano Kodo
A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, mantivo un encontro co director da división de Asuntos Internacionais da Prefectura de Wakayama, Toshihiko Okazawa
A Xunta forma máis de 4.000 mulleres da provincia de Pontevedra en capacidades informáticas e tecnolóxicas co programa 'Galegas Dixitais'
O delegado territorial en Pontevedra, Luis López, visitou esta mañá esta actividade en Vilagarcía de Arousa, que conta coa participación de 26 mulleres, e que tamén se celebra en Cambados e O Grove e chegará a Catoira, Pontecesures, Vilanova de Arousa, Ribadumia, Meis, Meaño e A Illa de Arousa
Ethel Vázquez anuncia a licitación das obras da senda entre O Peteiro e O Baño, que estará á disposición dos veciños de Mugardos no verán cun investimento de preto de 550.000 €
Construiranse case 600 metros de senda pola marxe dereita da AC-131, desde onde finalizan as beirarrúas actuais ata a vía urbana de acceso ao Baño
Gabriel Alén subliña que poñer fin á violencia contra as mulleres é un obxectivo irrenunciable e prioritario
O delegado territorial destacou que a Xunta de Galicia, por medio do Observatorio Galego da Violencia de Xénero, “segue na acción de loita contra este problema e quere animar a todas as galegas e galegos a tomar conciencia pública co único obxectivo de acadar unha sociedade libre de violencia”
Lorenzana entrega os premios aos centros escolares recoñecidos no certame gráfico e audiovisual convocado pola Xunta polo 25-N
A conselleira da Igualdade puxo en valor as propostas presentadas que destacaron pola súa orixinalidade e carácter reflexivo
A Xunta pon en marcha o dispositivo para vacinar contra a gripe aos nenos e nenas no conxunto de hospitais galegos esta fin de semana
Esta campaña de vacinación está destinada á poboación pediátrica con idades comprendidas entre os 6 e os 59 meses
A Xunta informa aos gandeiros das boas prácticas na xestión do xurro para mellorar a sustentabilidade das explotacións
O obxectivo desta xornada, dirixida especialmente ás explotacións de vacún, é fomentar prácticas de xestión de xurro acordes ás novas normativas vixentes
A Xunta concede axudas do programa Emega por 205.000€ a 16 proxectos empresariais impulsados por mulleres na cidade de pontevedra e a comarca
O delegado territorial en Pontevedra, Luis López, informou desta resolución de achegas nunha visita á perrucaría canina Amoriños Family, que recibirá 16.000€ para a posta en marcha da actividade en Monte Porreiro con dous postos de traballo
A Axega e a Autoridade Portuaria de Marín avanzan no seu compromiso de asistencia recíproca cunha acción formativa
Os membros de seguridade da Autoridade Portuaria coñecerán durante dous días o sistema galego de atención ás chamadas de emerxencia no 112 Galicia
A Xunta destina 4 M€ no marco do Polo Aeroespacial para implantar un laboratorio 5G e sistemas de ciberseguridade en Galicia
O vicepresidente primeiro e conselleiro de Economía, Industria e Innovación, Francisco Conde, participou na Coruña na presentación de resultados da Unidade Mixta de Investigación Airus, impulsada polo Instituto Tecnolóxico de Galicia (ITG) e NTT Data co apoio da Administración autonómica