Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 28027 novas:

16/02/22 | 14:58 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

O DOG oficializa a declaración BIC da biblioteca de Emilia Pardo Bazán composta por preto de 11.000 volumes

O Diario Oficial de Galicia publica o decreto que recoñece a protección de 7.883 libros custodiados na sede da Real Academia Galega e 2.972 rexistros en Meirás

16/02/22 | 14:36

A Xunta recibiu xa máis de 200 solicitudes para as axudas do PREE 5000 e anima aos galegos a aproveitar os incentivos destinados a rehabilitar vivendas

Ángeles Vázquez subliña que os propietarios particulares que se beneficien desta orde poderán recibir unha subvención equivalente á totalidade do custo da obra, que terá que garantir un aforro enerxético no inmoble de, como mínimo, un 30%

16/02/22 | 14:10 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta destaca a boa acollida das axudas destinadas aos concellos para financiar a adquisición de vehículos híbridos ou eléctricos para as policías locais

A directora xeral de Administración Local, Natalia Prieto, explicou hoxe no Parlamento de Galicia a Orde de axudas destinadas para o financiamento de vehículos eléctricos ou vehículos híbridos con distintivo ambiental Cero emisións ou Eco

16/02/22 | 13:59 | C. do Medio Rural

A Xunta informa aos veciños de Avión das vantaxes de implementar unha aldea modelo de máis de 15 hectáreas na parroquia de Cortegazas

Segundo a solicitude do Concello, a aldea implicaría unhas 727 parcelas de arredor dun cento de propietarios

16/02/22 | 13:53 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta recibe 10 ofertas de empresas para executar as sendas de Soesto e de Serantes, no concello de Laxe, cun investimento de máis de 310.000 €

Construiranse algo máis de 1,3 quilómetros de itinerarios peonís ao longo da antiga traza da estrada AC-433

16/02/22 | 13:44 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta recibe 16 ofertas de empresas para executar a nova senda na estrada AC-214, no treito entre a Xira e Cambre, cun investimento de máis de 585.000€

Construirase un itinerario mixto, peonil e ciclista, de máis de 1,3 km, atravesando a ponte sobre o río Mero e conectando núcleos e zonas de equipamento e servizos

16/02/22 | 13:41 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta adxudica por 945.000 € o estudo de detalle de inundabilidade fóra das áreas de risco potencial significativo de inundación de Galicia-Costa

Os traballos contan cun prazo de 18 meses e complementarán o labor da Xunta na contorna das 170 áreas de risco potencial de inundación delimitadas no Plan de xestión de risco do ciclo 2021-2027, que suman unha lonxitude de 548 km de río

16/02/22 | 13:38 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta acada o 25% de execución da vía de alta capacidade Tui-A Guarda entre o enlace coa A-55 e o polígono de Areas, cun investimento de 21,2 M€

Avanza a construción do novo treito de autovía en Tui, que inclúe a conexión coa A-55 cunha glorieta elevada, unha recta en viaduto e un semienlace de acceso ao polígono de Areas

16/02/22 | 13:34 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta destinará 1 M€ ao fomento da recuperación da accesibilidade e da sinalización dos recursos turísticos de concellos de ata 10.000 habitantes

O Diario Oficial de Galicia publica hoxe esta orde de axudas para actuacións de mellora das infraestruturas turísticas coas que o Goberno galego avoga pola consolidación do turismo nas zonas rurais a través da posta en valor da súa riqueza histórica, cultural, patrimonial e paisaxística