Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 28027 novas:

15/02/22 | 18:34 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Román Rodríguez avalía en París co coordinador do Informe PISA as liñas de futuro para mellorar a formación da mocidade galega

Galicia é, de media, a primeira comunidade de España nos resultados das competencias científica, matemática e lectora do último PISA

15/02/22 | 17:57 | C. de Política Social e Igualdade; C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta pon en marcha a undécima edición do certame ‘Lingua de namorar’

Este concurso de declaracións de amor en galego está destinado a mozos e mozas entre 14 e 35 anos e ten tres categorías, unha delas exclusiva para instagram

15/02/22 | 15:08 | Secretaría Xeral para o Deporte

Lete Lasa asegura que os campionatos de España de atletismo en Ourense volverán ser “os mellores da historia”

Serán os quintos campionatos nacionais que acolle a “mellor pista cuberta de España” tras o sub 20 de 2018, o máster de 2019, o absoluto de 2020 e o máster de 2022

15/02/22 | 14:46

A Xunta salienta que os galegos reciclaron un 1,4% máis de envases de plástico, latas e briks en 2021

Ángeles Vázquez pon ao concello da Baña como exemplo de xestión do lixo de orixe doméstica por ser un dos municipios galegos que máis logrou minorar as súas achegas da bolsa negra ao tempo que incrementou nun 55,2% os envases lixeiros recuperados

15/02/22 | 14:34 | C. de Economía e Industria

O observatorio da eólica mariña impulsado pola Xunta avanza na identificación de oportunidades para o sector

A directora xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais, Paula Uría, participou hoxe nun novo encontro do grupo de traballo centrado en tecnoloxía e innovación, mantendo o compromiso de que calquera proxecto deberá ser compatible coas actividades xa existentes

15/02/22 | 14:29 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta aproba o proxecto construtivo para executar unha senda peonil na estrada AC-404 en Santa Comba, entre A Ponte e Santa Catalina

Construirase un itinerario peonil na marxe dereita da vía autonómica, de 450 metros de lonxitude e 1,8 metros de ancho, con bordo de separación da estrada e gabia de seguridade, dando continuidade á zona de beirarrúas actual

15/02/22 | 14:25 | C. de Política Social e Igualdade

O Observatorio Galego da Familia e infancia creará un grupo de traballo para avanzar na implantación da Lei de protección integral aos menores

Este órgano colexiado é o encargado de asesorar, apoiar, analizar, estudar e propoñer actuacións nesta materia

15/02/22 | 14:25 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta adxudica por preto de 450.000 euros as obras de renovación do firme nos accesos dos hospitais públicos de Lugo

Mellorarase a accesibilidade e a seguridade viaria nas contornas do Hospital Lucus Augusti, do Hospital de Calde, do Hospital Comarcal de Monforte e do Hospital da Costa e dotaranse de zonas de aparcadoiro os centros hospitalarios de Monforte e de Burela

15/02/22 | 14:16 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Preto de 20 concellos soben ao bus do Centro Dramático Galego para ver ‘A Peste’ no Salón Teatro de Santiago

A iniciativa promovida pola unidade teatral da Xunta busca facilitarlle á cidadanía de todo o territorio o achegamento ao teatro e ao espazo compostelán