Hemeroteca
Novas publicadas antes de 2023
A Xunta convoca as novas edicións dos seus premios de literatura dramática cunha dotación global de 26.000 euros
O Diario Oficial de Galicia publica hoxe as bases do XXVI Álvaro Cunqueiro para textos teatrais, o XII Manuel María de Literatura Dramática Infantil e o XV Barriga Verde de textos para teatro de monicreques
A Xunta destinará 600.000 € á rehabilitación enerxética do Centro de Interpretación do Xurés
Ángeles Vázquez subliña que tras a recente aprobación do PRUX do Parque Natural Baixa Limia-Serra do Xurés, o seu departamento quere darlle un pulo definitivo a este ámbito, cun investimento estimado de máis de 15 M€ durante a vindeira década
Trenor anima aos empresarios da comarca a solicitar os 2 M€ da orde de axudas para mellorar os establecementos turísticos de aloxamento e restauración
O delegado da Xunta, Gonzalo Trenor, visitou hoxe o hotel Cabo Sport Fisterra, un dos negocios beneficiarios o ano pasado desta liña de axudas
Feijóo expón o interese de Galicia por reforzar a relación con Xapón a través de novos proxectos turísticos, educativos e económicos
Salienta o inicio, este mesmo mes, das conversacións con autoridades xaponesas para irmandar tamén o Camiño de Santiago co Camiño Kannon
A Xunta concede máis de 520.000€ aos nove concellos do Condado e A Paradanta para a mellora de camiños ao abeiro do Plan Marco
O delegado territorial en Pontevedra, Luis López, informou desta resolución nunha dobre visita de supervisión ás obras realizadas coa anterior convocatoria nos concellos de Covelo e Mondariz-Balneario xunto aos alcaldes, Pablo Castillo e José Antonio Lorenzo
Galicia alerta de que as posibles limitacións europeas á pesca de fondo afectarían a artes menores como os miños, o bou de vara ou os trasmallos
A comunidade está a traballar xa nun informe para determinar a dimensión e actividade destas modalidades de pesca tradicionais na frota galega e noutro sobre o impacto socioeconómico que suporían as propostas para restrinxir estas artes tanto na frota de litoral como na de augas comunitarias e internacionais
Fernández-Tapias visita un dos 9 establecementos beneficiarios en Vigo das axudas para a modernización e renovación das súas instalacións
A delegada da Xunta en Vigo informou que o Goberno galego financiou ao abeiro desta orden obras na cidade por un importe conxunto de preto de 132.000 euros
Ethel Vázquez avanza a licitación de investimentos por 188 M€ neste 1º semestre e chama a unir esforzos para demandar un marco estatal que blinde as obras públicas ante a crise dos materiais
Vázquez Mourelle salienta que ante a suba dos prezos das materias primas a Xunta artellou medidas para blindar 170 obras impulsadas pola Administración autonómica e salvar 5.300 empregos e cómpre que se impulsen medidas normativas a nivel estatal
A Xunta e Feuga impulsan a FP Dual a través de bolsas de formación para o alumnado
O conselleiro de Educación e o director xeral de FEUGA asinan o convenio co que se renova a colaboración para facilitar o réxime de axudas entre empresas e estudantes
A Xunta abre o prazo de inscrición para os cursos preparatorios das probas Celga en lingua galega
Ofértanse un total de 35 cursos gratuítos, 27 deles en liña e oito presenciais repartidos nas catro provincias