Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 28027 novas:

15/02/22 | 14:02 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A biblioteca da Xunta na Coruña súmase á celebración do centenario de María Casares cunha exposición de 200 fondos propios

O secretario xeral de Cultura inaugura a mostra ‘María Casares, residente privilexiada’, que forma parte da programación do Goberno galego co gallo da efeméride

15/02/22 | 13:59

A Xunta proxecta 57 vivendas de promoción pública na rúa Lorenzo Varela Poeta de Lugo, cun orzamento estimado de 7,8 M€

O delegado territorial do Goberno galego, Javier Arias, explica que está previsto licitar a redacción do proxecto no segundo trimestre deste ano

15/02/22 | 13:56 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta celebra o paso adiante da aprobación do proxecto de conexión ferroviaria de Punta Langosteira e aposta por que se liciten as obras canto antes

Ethel Vázquez salienta que este fito será posible grazas ao tesón e á continua reivindicación desta infraestrutura por parte da Xunta e do seu presidente

15/02/22 | 13:53 | Secretaría Xeral para o Deporte
15/02/22 | 13:39 | C. de Economía e Industria

A Xunta salienta en París a aposta do sector vitivinícola galego pola calidade e a internacionalización

O director do Igape, Fernando Guldrís, subliña, no marco da Feira Vinexpo, que esta é unha das industrias máis dinámicas e internacionalizadas da economía agraria de Galicia, e pon en valor a boa marcha das exportacións galegas

15/02/22 | 13:31 | C. de Sanidade

O diagnóstico precoz e os tratamentos en unidades asistenciais experimentadas melloran a taxa de supervivencia do cancro en rapaces

No Día Internacional do Cancro Infantil, o conselleiro de Sanidade visitou á unidade de oncopediatría do Hospital materno infantil, na Coruña, onde os nenos reciben atención para a súa doenza e seguen tratamentos de quimioterapia ou inmunoterapia

15/02/22 | 13:30 | C. de Economía e Industria

A Xunta achega máis de 500.000 euros a 23 pemes da provincia de Lugo para impulsar proxectos de dixitalización

O delegado territorial, Javier Arias, explica que os apoios concedidos permitirán mobilizar 1 M€ para poñer en marcha iniciativas de desenvolvemento tecnolóxico, como sistemas de comercio electrónico ou de xestión integral, entre outras

15/02/22 | 13:21 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

O Instituto Cervantes de París acollerá a exposición itinerante coa que a Xunta conmemora o ano Laxeiro

Está previsto que a mostra ‘Foi un home. Laxeiro en América (Bos Aires, 1951-1970)’ recale na entidade francesa tras o seu paso por Santiago, Madrid e Lalín

15/02/22 | 13:13 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta leva investidos máis de 1M€ en melloras ambientais e en infraestruturas no Concello de Arbo

O vicepresidente primeiro, Alfonso Rueda, comprobou as actuacións levadas a cabo no lugar do Couto coa pavimentación dun camiño e a mellora da seguridade viaria