Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 28027 novas:

15/02/22 | 10:54

O Centro de formación a Aixola contribúe a afrontar o reto da remuda xeracional ao impartir desde 2009 máis dun cento de cursos para o sector marítimo-pesqueiro galego

Este centro de ensino situado no porto de Marín ofrece formación relacionada coa manipulación de redes, madeira e outros materiais, a velaría e a reparación de embarcacións pneumáticas así como co mantemento de instalacións eléctricas e mecánicas en buques menores

15/02/22 | 10:46 | C. de Sanidade

Galicia rexistra un total de 36.105 casos activos por coronavirus

Un total de 436.603 pacientes xa están curados

15/02/22 | 10:44 | C. do Medio Rural

A Xunta achega 4,6 millóns de euros aos concellos lucenses para mellorar camiños de acceso a parcelas agrícolas

O delegado territorial do Goberno galego, Javier Arias, explica que o Plan Marco chega a todos os municipios co obxectivo de facilitar a mobilidade nas áreas rurais

15/02/22 | 10:15 | C. do Medio Rural

A Xunta lembra que segue aberto o prazo para solicitar máis de 6 M€ en axudas co obxectivo de financiar proxectos de grupos operativos que innoven no agro galego

O obxectivo destas achegas é fomentar a innovación en áreas como a xestión sustentable dos recursos naturais, sistemas agrarios de produción, cadea agroalimentaria, bioeconomía ou aplicación das TIC ao sector

15/02/22 | 09:12

O lecer nocturno poderá optar a axudas de entre 2.500 e 45.000 euros polos peches do pasado fin de ano

O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica hoxe a convocatoria dos apoios dirixidos aos negocios que optaron polo peche entre o 31 de decembro e o 3 de xaneiro pasados

14/02/22 | 18:18 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta abre a orde de axudas a establecementos turísticos tras conceder achegas a 43 locais de Pontevedra e O Salnés por 720.000€ o pasado ano

O delegado territorial, Luis López, informou da nova convocatoria nunha visita, xunto ao alcalde de Poio, Luciano Sobral, ao hotel A Maquía, beneficiario destas axudas o pasado exercicio para a mellora do sistema eléctrico, un valado circundado e a adquisición de pérgolas

14/02/22 | 17:36 | C. de Sanidade
14/02/22 | 15:01 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta anuncia no Diario Oficial da Unión Europea a próxima licitación das obras da primeira fase da cidade de San Caetano nos terreos da antiga estación de autobuses de Santiago cun investimento de 24,5 M€

O anuncio previo permitirá reducir os prazos do proceso cando se inicie a contratación dos traballos, acurtando o prazo de presentación de ofertas para executar as obras, que contan cun prazo de 18 meses

14/02/22 | 14:52 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta colabora co concello de Pereiro de Aguiar na mellora da contorna do encoro de Cachamuíña

A directora xeral de Administración Local, Natalia Prieto, visitou hoxe as obras acometidas para a mellora da accesibilidade e a construción dunha senda peonil e outros servizos complementarios nas inmediacións do encoro

14/02/22 | 14:51 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta adxudica por case 855.000 euros a obra de ampliación do aparcadoiro do Hospital Teresa Herrera da Coruña e do Hospital Naval de Ferrol

A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade asinará o contrato nos vindeiros días e a execución das obras coordinarase coas respectivas xerencias das áreas sanitarias para minimizar as interferencias coa actividade asistencial