Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 28027 novas:

15/02/22 | 13:07 | Secretaría Xeral para o Deporte

Fernández-Tapias participa na presentación da 8ª edición de "A Gran Bikedada 2022"

A delegada territorial en Vigo reiterou o compromiso da Xunta para que o ciclismo, un dos deportes de maior tradición e arraigo en Galicia, siga sendo recoñecido pola calidade dos seus deportistas e dos seus eventos

15/02/22 | 13:01 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta trasládalle ao concello de Ames unha solución alternativa para optimizar os servizos de autobús entre Ortoño e Bugallido con Santiago

A Xunta propón asumir un incremento de frecuencias na liña que conecta as parroquias de Ortoño e Bugallido con Santiago, no marco da concesión de autobús interurbano

15/02/22 | 12:46

A Xunta e Ecoembes retan a 13 concellos a incrementar nun 10% a recollida do contedor amarelo

O esforzo que realicen Ordes, Santa Comba, A Laracha, Sarria, Burela, Chantada, O Carballiño, Verín, Cangas, Moaña, Bueu, Gondomar e Tomiño será recompensando cun premio de 2.000 euros para doar á causa social que elixan

15/02/22 | 12:36 | C. de Economía e Industria; A Presidencia da Xunta

Feijóo pide unha cogobernanza responsable dos fondos europeos para que supoñan unha oportunidade "histórica"

Incide en que a lentitude no reparto pode conlevar a unha ineficacia non menor e a un desaproveitamento das oportunidades

15/02/22 | 12:29 | C. de Política Social e Igualdade

Fabiola García felicita a Pepa Lockhart e Lucía Serén por participar en ‘Valentina’, gañadora do premio Goya á mellor película de animación

Destacou que esta peza audiovisual é unha oda á plena inclusión, que ten como piar fundamental a sensibilización e a concienciación das nenas e nenos

15/02/22 | 12:26 | Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia

A Xunta difunde en Galicia o programa Kit-Dixital de Red.es, que se suma ás accións autonómicas, que destinaron en 2021 máis de 23 millóns de euros a apoiar á dixitalización das pemes

A Xunta colabora con Red.es na divulgación do programa para que empresas do sector tecnolóxico galego se sumen como dixitalizadores e as pemes galegas poidan beneficiarse da iniciativa

15/02/22 | 11:43 | C. de Economía e Industria

A Xunta aposta por fomentar a construción sustentable en madeira para xerar valor na industria forestal galega e no medio rural

Conde destaca que a liña de apoios da Xunta para incentivar o uso da madeira na construción contribuíu a mobilizar 13M€ en máis de cen vivendas e locais comerciais

Destaca que esta vivenda é a mellor abandeirada posible da marca Pino de Galicia, que é unha garantía de trazabilidade, calidade e sustentabilidade; as tres vantaxes competitivas que definen o sector forestal e a cadea da madeira en Galicia

15/02/22 | 11:41

A cooperación entre Xunta e ACCEM permite atender a 65 mulleres vítimas de trata durante a pandemia na Coruña, Vigo, Tui, Lugo e O Carballiño

A conselleira de Emprego e Igualdade, María Jesús Lorenzana, avaliou co responsable adxunto territorial en Galicia de ACCEM, Daniel Bóveda, as iniciativas que desenvolve o colectivo co apoio da administración autonómica

15/02/22 | 11:16 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta protexe o Castelo da Rocha Forte coa súa inscrición no rexistro de BICs de Galicia

O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a resolución que dá resposta a unha solicitude do Concello de Santiago e supón a ampliación da súa protección patrimonial

15/02/22 | 11:03 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xestora cultural Pilar Portela será coordinadora do novo departamento de música e danza da Agadic

Entre outras funcións, corresponderalle a dirección do Centro Coreográfico Galego