Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 28027 novas:

14/02/22 | 12:32 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta adxudica por máis de 380.000 euros as obras de mellora da seguridade viaria e da accesibilidade en catro hospitais de Ourense

Crearanse itinerarios peonís máis cómodos e seguros no Complexo Hospitalario Universitario de Ourense, no edificio hospitalario de Piñor, en Barbadás; e nos hospitais públicos de Verín e de Valdeorras

14/02/22 | 12:30 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta reforza o material de emerxencias do GES de Maceda coa entrega dun equipo de excarceración

O delegado territorial da Xunta en Ourense, Gabriel Alén fixo entrega hoxe do novo equipo no que a Goberno galego investiu case 57.000 euros para mellorar a atención en emerxencias que cubre o GES relacionadas con accidentes de tráfico ou rescates

14/02/22 | 12:00 | C. do Medio Rural

A Xunta insta ao Estado a fomentar un acordo nacional entre distribución, industria e gandeiros do leite para incrementar os prezos dos contratos cunha prima de emerxencia de 4 céntimos por litro

Sinalando que queda acreditada unha venda a perdas xeneralizada, José González insistiu na necesidade de que se active esta medida xa aplicada polo Goberno italiano, co fin de paliar as dificultades que atravesan os produtores polo incremento de custos

14/02/22 | 11:48 | C. do Medio Rural

A Xunta investiu máis de 125.000 euros en traballos de prevención de incendios forestais na Barbanza

Os labores consistiron fundamentalmente en rozas mecanizadas e melloras de pistas forestais e desenvolvéronse en montes dos concellos de Porto do Son, Boiro, Rianxo e Lousame

14/02/22 | 11:35 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta convoca para marzo e maio os propietarios dos terreos necesarios para executar unha senda peonil na estrada AC-301 no concello de Rois

O levantamento de actas previas terá lugar o 2 de marzo ás 10.30 horas na Casa do Concello, e a formalización será o 11 de maio á mesma hora e no mesmo lugar

14/02/22 | 11:31

A Xunta entrega catro vivendas de promoción pública na cidade da Coruña

O delegado da Xunta na Coruña, Gonzalo Trenor, lembra que están abertas as dúas liñas de axudas para compra ou rehabilitación de vivendas protexidas

14/02/22 | 11:15 | C. do Medio Rural

A Xunta colaborará coa Federación Galega de Micoloxía para contribuír á divulgación das potencialidades deste aproveitamento forestal

O director xeral de Planificación e Ordenación Forestal reuniuse con membros da xunta directiva desta entidade

14/02/22 | 11:09 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta destaca o potencial do Camiño de Santiago como reclamo para descubrir a gastronomía galega

O vicepresidente primeiro da Xunta, Alfonso Rueda, agradeceu ao chef Martin Berasategui que co seu percorrido por varias etapas do Camiño de Santiago se converta no mellor embaixador na promoción a ruta neste Xacobeo e tamén para dar a coñecer a calidade da cociña galega

14/02/22 | 10:58 | C. do Medio Rural

A Xunta mantén aberto o prazo para solicitar máis de 2,4 M€ en axudas para o desenvolvemento de proxectos piloto, novos produtos, prácticas e tecnoloxías no sector agrario

Esta liña de achegas está destinada a fomentar a innovación nestes ámbitos produtivos mediante a incorporación de novidades ou coa aplicación de produtos, prácticas, procesos e tecnoloxías xa existentes onde tradicionalmente non se utilizaban

14/02/22 | 10:28 | C. de Sanidade

O 061 de Galicia asistiu 87 persoas por 64 accidentes de circulación durante a fin de semana

Desde as 15,00 horas do venres, 11 de febreiro ata as 23,59 horas do domingo, 13 de febreiro, a Central de Coordinación de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 recibiu 73 chamadas por accidentes de tráfico