Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 28027 novas:

14/02/22 | 10:27 | C. de Sanidade

Galicia rexistra un total de 38.640 casos activos por coronavirus

Un total de 431.781 pacientes xa están curados

14/02/22 | 10:24 | C. de Facenda e Administración Pública

A Atriga habilita desde hoxe o pago de impostos a través dun tpv físico nas súas delegacións

A iniciativa permite realizar o pago das autoliquidacións do Imposto de Sucesións e Doazóns, do Imposto de Transmisións Patrimoniais e Actos Xurídicos Documentados (ITP-AXD) e de vehículos usados

13/02/22 | 14:16 | C. do Medio Rural

A Xunta e Asoporcel traballan na mellora xenética da raza Porco Celta para así aumentar a súa poboación

Ademais de actualizar a base de datos das explotacións de gando porcino con raza Celta, estase a levar a cabo un estudo paralelo para determinar os custos de produción deste sector

13/02/22 | 12:52 | C. do Medio Rural

A Xunta lembra que segue aberto o prazo para presentar candidaturas á décimo terceira edición dos premios ao Desenvolvemento Rural de Galicia dotados con 80.000 euros

Estes galardóns están dirixidos aos proxectos que contribúan de xeito singular a promocionar o medio rural e a xerar unha sociedade rural máis dinámica e cohesionada

13/02/22 | 12:51 | C. do Medio Rural

A Xunta mantén aberto o prazo para solicitar ata 3 M€ en axudas para proxectos de investimento en actividades non agrícolas

Esta liña de achegas da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural busca apoiar, por unha banda, a adquisición de maquinaria e de equipamento en empresas existentes no rural e, por outra, promover novas actividades empresariais en aldeas modelo

13/02/22 | 12:30

A Xunta estrea un programa para capacitar a mulleres emprendedoras en habilidades dixitais

A iniciativa diríxese a mellorar a formación de 14 mulleres beneficiarias do programa Emega de emprendemento, para que acaden os coñecementos técnicos básicos que lles permitan abrir ou mellorar a súa idea de negocio

13/02/22 | 12:26 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

20 centros educativos participarán no programa ‘Edureferentes’ para fomentar unha orientación vocacional libre de estereotipos de xénero

Trátase dunha novidosa iniciativa lanzada pola Xunta en colaboración coa Asociación de Executivas de Galicia na que mulleres destacadas en distintos sectores profesionais participarán en charlas e mentorías individualizadas nos colexios e institutos seleccionados

13/02/22 | 12:16 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta destina 745.000 euros ás bibliotecas municipais para novidades editoriais, mellora das coleccións e actividades de dinamización

Abre varias convocatorias para facilitar a adquisición dos últimos títulos en galego, actualizar e ampliar os volumes dispoñibles e fomentar hábitos de lectura

13/02/22 | 12:15

Galicia propón un total de 115 areais para optar á bandeira azul 2022

É a terceira comunidade autónoma que máis candidaturas presentou: 37 da Coruña, 19 de Lugo e 59 de Pontevedra, localizadas en 33 concellos