Hemeroteca
Novas publicadas antes de 2023
A Xunta e a Federación Galega de Comercio deseñan novas medidas para impulsar a dixitalización, a sostibilidade e a formación no sector
O vicepresidente económico e conselleiro de Economía, Empresa e Innovación, Francisco Conde, mantivo un encontro co presidente da Federación Galega de Comercio, José María Seijas, no que avaliaron as liñas de colaboración para os próximos meses
A Xunta construirá en Oímbra tres vivendas protexidas en madeira no marco dun proxecto piloto
A previsión do Goberno autonómico é poder licitar o proxecto neste primeiro trimestre e baralla estender a experiencia a outros municipios en función dos resultados
Mañá abre o prazo de matrícula para os exames de carácter libre das titulacións de mariñeiro pescador, patrón local de pesca e patrón costeiro polivalente
As probas realizaranse en abril e maio no Instituto Politécnico Marítimo-Pesqueiro do Atlántico de Vigo, na Escola Oficial Náutico-Pesqueira de Ferrol e na Escola Oficial Náutico-Pesqueira de Ribeira
A Xunta construirá un itinerario peonil e mellorará a drenaxe e marxes na estrada OU-540 no núcleo da Manchica, no concello da Merca
As obras, que suporán un investimento autonómico de máis de 48.000 euros, comezarán nas vindeiras semanas
A Xunta realiza actuacións de conservación e limpeza no treito interurbano do rego do Castro, no concello de Culleredo
Os traballos desenvólvense nun treito de 350 metros de lonxitude, ao seu paso pola parroquia de Santa María de Rutis
A Xunta inicia esta semana novos traballos de roza e limpeza nas marxes de estradas autonómicas na provincia de Ourense
Intervirase nas vías ourensás OU-525, ao seu paso polos polígonos industriais de Barreiros e de San Cibrao das Viñas, e na OU-113, nos municipios de Verín e de Laza
Galicia rexistra un total de 42.211 casos activos por coronavirus
Un total de 426.561 pacientes xa están curados
A Xunta remata as obras de mellora e posta en marcha da depuradora de Vilaverde, no concello de Coristanco
A Consellería de Infraestruturas, a través de Augas de Galicia, destinou preto de 50.000 euros para recuperar e pór en marcha a planta de tratamento de augas residuais neste núcleo do municipio, que deixou de funcionar tras un acto vandálico
A Xunta activa para mañá unha alerta laranxa por temporal costeiro na provincia da Coruña
Agárdase vento do suroeste forza 8 no noroeste e oeste da costa coruñesa
A Xunta avanza na renovación do parque móbil da Axencia de Doazón de Órganos e Sangue coa presentación da nova unidade que reforzará o servizo na área sanitaria da Coruña
Os 324.000 euros investidos nesta unidade e a adquisición dunha nova para Ourense neste ano elevarán o investimento total desta renovación a 1,5 millóns de euros nos últimos 4 anos