Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 28027 novas:

11/02/22 | 17:25 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta e a orquestra Panorama presentan un videoclip para promover o Camiño de Santiago

A coñecida orquestra adaptou o tema ‘Torres de Compostela’, composto para o Xacobeo 99, ao abeiro do Fondo de Proxectos Culturais Xacobeo

11/02/22 | 15:32

Os 15 concellos ourensáns das reservas de biosfera optan a axudas de ata 80.000 € para actuacións e iniciativas que poñan en valor estes espazos

A partir de mañá e durante un mes, os 86 municipios galegos localizados nos sete espazos con esta declaración, así como entidades ambientais e comunidades de montes poderán acollerse á orde de subvencións convocada hoxe, dotada de 3,22 M€

11/02/22 | 15:13 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

Ethel Vázquez avanza que a estación de autobuses intermodal de Vigo estará rematada a finais de marzo, pero non entrará en servizo ata que o Concello acabe os accesos, que se prevé en maio

Vázquez Mourelle explica que a terminal, cun investimento autonómico de 18M€, albergará 2 millóns de usuarios ao ano e 500 expedicións

11/02/22 | 14:57 | C. de Economía e Industria

A Xunta destaca o compostelán Noroeste Obradoiro como exemplo de deseño e innovación nos oficios artesanais

O director xeral de Comercio e Consumo, Manuel Heredia, e a xerente da Fundación Artesanía de Galicia, Elena Fabeiro, visitaron esta mañá a tenda taller, gañadora do Premio Nacional de Artesanía 2021 na categoría Produto

11/02/22 | 14:55 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Trenor destaca no Día Internacional da Muller e da Nena na Ciencia a importancia da concienciación no eido escolar para fomentar as vocacións científicas entre as alumnas

O delegado da Xunta, Gonzalo Trenor, visitou o CPI Armando Cotarelo Valledor beneficiario dunha orde de axudas da Consellería de Emprego e Igualdade para a promoción da igualdade entre homes e mulleres e a prevención e loita contra a violencia cara ás mulleres

11/02/22 | 14:32 | Secretaría Xeral para o Deporte

A Xunta manifesta a súa "profunda preocupación" ante a reforma do pavillón de Sangriña que podería poñer en risco a continuidade do Guardés

O secretario xeral para o Deporte, José Ramón Lete Lasa, informa que convocará “de xeito inmediato” ao Concello da Guarda para buscar “unha saída a unha situación inadmisible”

11/02/22 | 14:19 | C. do Medio Rural

A Xunta explica en Rodeiro as posibilidades que ofrece a ferramenta Conta Láctea para axudar os gandeiros na negociación dos prezos do leite

Esta aplicación informática foi creada polo Goberno galego xunto coa Fundación Juana de Vega ao abeiro da Estratexia de dinamización do sector lácteo e tamén está concibida para facilitar a xestión empresarial das explotacións

11/02/22 | 14:16 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta comproba o bo ritmo das obras do novo centro de día de Marín, que financia con 200.000 €

Este recurso para persoas maiores emprazarase no primeiro andar da Casa do Mar

11/02/22 | 14:16 | C. de Sanidade; A Presidencia da Xunta

Feijóo destaca a contratación de 100 novos profesionais desde 2020 para desenvolver o Plan de saúde mental de Galicia poscovid

Salienta que o novo plan, que conta cun investimento de 83 millóns de euros entre 2020-2024, chegará ás 241 prazas neste período