Hemeroteca
Novas publicadas antes de 2023
Os galegos enviaron a Sogama 405 toneladas menos de residuos da fracción resto en 2021
O volume destes refugallos reduciuse ata as 794.472 toneladas e tamén consta un aumento dun 1,4 % da reciclaxe de envases, bricks e plásticos
O centro de saúde de Monforte resolve o 99% das chamadas perdidas no mesmo día e en menos de 44 minutos grazas á plataforma tecnolóxica CRM100
Desde a súa posta en marcha, o pasado 30 de xuño, recibiu máis de 5.800 chamadas
A Xunta construirá un novo edificio de Urxencias e PAC que ampliará case un 10% a superficie do hospital de Verín
O conselleiro de Sanidade expuxo hoxe os pormenores da obra aos profesionais do distrito sanitario
Cardiólogos, médicos de Atención Primaria e de Urxencias reúnense para ultimar o novo protocolo do programa galego de atención ao infarto agudo de miocardio
Impulsado polo Sergas, foi un dos primeiros programas deste tipo implantados en España e a día de hoxe está recoñecido como un dos mellores a nivel nacional e europeo
A Xunta apoiará con 1 M€ a mellora das infraestruturas turísticas dos concellos de ata 10.000 habitantes no marco do Plan Camiña
O Goberno galego pretende fomentar a recuperación, a accesibilidade e a sinalización dos recursos turísticos dos municipios galegos co obxectivo de consolidar a oferta turística nas zonas rurais
A Xunta adxudica por 350.000 € as obras da reforma da estación de autobuses de Cangas
Os traballos de modernización e impulso da intermodalidade que forman a terminal de autobuses e a marítima iniciaranse a finais de marzo para rematalos no verán
A Xunta colabora na plantación de 300 árbores no monte de Lantaño do concello pontevedrés de Portas no marco do festival PortAmérica
O Servizo de prevención e defensa contra os incendios a través do distrito forestal XIX Caldas-O Salnés acondicionou nas últimas semanas o terreo onde mañá se plantarán exemplares de ata oito especies diferentes de frondosas autóctonas
A Xunta destaca a importancia de retomar a celebración dos congresos presenciais que axudan a coñecer Galicia
A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, participou na presentación do Encontro Empresarios Católicos que acollerá Santiago de Compostela os días 31 de marzo e 1 de abril.
Conde apela á planificación e ao traballo coordinado de empresas e administracións para impulsar a transformación sustentable e dixital de Galicia
Pon en valor o xeito en que a economía galega está respondendo ao impacto da pandemia, con cifras récord en exportacións e no Índice de Produción Industrial
Luis López garante o “máximo apoio” da Xunta a Protección Civil de Vila de Cruces para a súa atención cidadá
O delegado territorial en Pontevedra visitou a sede da agrupación para coñecer o seu funcionamento e necesidades e mantén un encontro con algúns dos seus 20 integrantes, aos que agradeceu o seu “traballo altruísta e desinteresado a prol da sociedade”