Hemeroteca
Novas publicadas antes de 2023
A Xunta inviste máis de 600.000€ en cursos de formación para 80 desempregados do concello de Carballo
O delegado da Xunta, Gonzalo Trenor, visitou aos alumnos que están formándose no obradoiro que se está desenvolvendo sobre Atención Sociosanitaria a Persoas Dependentes en Institucións Sociais
A Xunta apela ao uso responsable do teléfono de emerxencias no Día Europeo do 112
O director xeral de Emerxencias e Interior, Santiago Villanueva, e o xerente da Axencia Galega de Emerxencias (AXEGA), Marcos Araújo, recibiron hoxe a un grupo de organizacións empresariais para amosarlles o funcionamento do Centro Integrado de Emerxencias (CIAE) 112 Galicia
A obtención do Selo 500+ da Excelencia Europea reafirma o compromiso do 061 de Galicia coa calidade e a excelencia na xestión
Desde o ano 2004, no que a Fundación Pública Urxencias Sanitarias de Galicia-061 implantou o modelo EFQM na xestión, o servizo público de urxencias e emerxencias sanitarias galego obtivo sucesivamente os selos 200+, 300+ e 400+
Galicia superará as 110 casas do maior antes de que remate o ano
O DOG publica hoxe a nova convocatoria de axudas para a apertura de 30 novos centros que se sumarán aos 83 xa en funcionamento
Lorenzana: "A Xunta está a traballar para que as mulleres lideren o coñecemento e a investigación"
No día internacional da muller e da nena na ciencia, a conselleira de Emprego e Igualdade presidiu o pleno da Unidade Muller e Ciencia ante o que referendou o compromiso da Xunta coa igualdade neste ámbito
A Cidade da Cultura lanza en 2022 unha programación centrada nas colaboracións internacionais e na itinerancia de exposicións a cidades e vilas galegas
Por primeira vez na Península, poderá visitarse a experiencia inmersiva gañadora dun Oscar ‘CARNE y ARENA’, do cineasta mexicano Alejandro G. Iñárritu
A Xunta detecta unha obra de canalización de augas sen autorización en San Xiao de Cebreiro, no Pino
Os axentes medioambientais levantaron acta dos feitos e deron trasladalo a Augas de Galicia para a súa avaliación e, no seu caso, a adopción das medidas oportunas
Conde pon a empresa Triple Alpha como exemplo do potencial que ofrece o rural para emprender en novos sectores
Subliña que esta firma demostra como o emprendemento no medio rural é unha realidade en Galicia e como se poden desenvolver proxectos cara á industria para xerar valor engadido a través do tratamento de datos e a aplicación das novas tecnoloxías
A Xunta reorganiza desde este luns as liñas de autobús que conectan A Coruña cos núcleos de Peiro, Orro e Bregua, no concello de Culleredo
A liña circular que une actualmente Entrexardíns e estes núcleos de Culleredo substitúese por dous novos corredores que cubrirán a totalidade do percorrido: un pola zona de Celas e outro pola de Ledoño