Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 28027 novas:

12/02/22 | 13:37 | Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia

A Alameda de Santiago acolleu a proba final do Dragal Challenge, primeira experiencia da plataforma de contidos interactivos impulsada pola Xunta

A Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia e a CRTVG impulsan conxuntamente o sector dos contidos audiovisuais no marco do Plan DicoMindset, cun investimento de máis de 13 millóns de euros

12/02/22 | 13:17 | C. do Medio Rural

A Xunta informa aos veciños das Neves das vantaxes de implementar unha aldea modelo na Porteliña ao abeiro da Lei de recuperación da terra

Segundo a solicitude do Concello, a aldea modelo -que se situaría na parroquia de Rubiós- abranguería unha superficie de 35 hectáreas distribuídas nunhas 819 parcelas duns 359 propietarios

12/02/22 | 13:16 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A execución do Hospital Público Gran Montecelo de Pontevedra emprega un sistema de encofrado que aumenta nun 50% a produtividade no avance das obras

Este mecanismo acada rendementos de 3.000 metros cadrados ao mes, o que permite maiores progresos na execución deste proxecto estratéxico

12/02/22 | 13:11 | C. de Economía e Industria

Galicia Calidade anima a agasallar xoiería galega no día dos namorados

A nova xerente de Galicia Calidade, Ana Méndez, visitou en Santiago de Compostela as xoierías Orfega, Katuxa Platero e Isabel Suárez, onde informou das principais liñas de actuación do organismo

12/02/22 | 13:05 | C. de Economía e Industria

A Xunta destaca a implicación do asociacionismo na dinamización do comercio de proximidade de Melide

O director xeral de Comercio e Consumo, Manuel Heredia, visitou a feira de oportunidades Mercamelide, organizada pola Asociación de Empresarios Terra de Melide- Centro Comercial Aberto e o Concello

12/02/22 | 12:47

A Xunta e o Concello de Monterroso colaborarán na posta en valor da área recreativa da Peneda

O Goberno local ten un proxecto para acometer a mellora deste complexo turístico natural, unha zona moi visitada e dotada de praia fluvial, piscinas e zona de ocio

12/02/22 | 12:46

A Xunta reforzará o subministro eléctrico do parque empresarial de Xinzo de Limia cun investimento de preto de 250.000 €

A adxudicación das obras de urbanización da ampliación do polígono, licitadas por máis de 3,6 millóns de euros, está prevista para o vindeiro mes de marzo

12/02/22 | 12:45 | C. de Economía e Industria

A Xunta de Galicia participa en Málaga no principal encontro de I+D+i do sur de Europa

Contará cun mostrador propio no evento, ao que acudirá acompañado de varios axentes do sistema galego de innovación, e intervirá en varias sesións do programa de innovación internacional

12/02/22 | 12:41 | C. de Sanidade

A Xunta de Galicia supera os 4,1 millóns de certificados covid emitidos

As oficinas de farmacia integraron nos rexistros da Xunta o resultado das probas de autotest dun total de 102.401 persoas, das que 3.964 tiveron un resultado positivo