Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 28027 novas:

17/02/22 | 13:43 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta concedeu 32.700 euros aos concellos de Ribadeo, Trabada e Mondoñedo para eliminar impactos paisaxísticos

Javier Arias explica que na Mariña tamén se apoiaron sete reformas promovidas por particulares, con achegas que suman 16.500 euros

17/02/22 | 13:30 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A exposición 'Castillo, escultor' chega á súa derradeira fin de semana na Cidade da Cultura

A mostra, que pecha as súas portas este domingo, congregou no Museo Centro Gaiás a máis de 15.000 persoas que puideron descubrir a faceta escultórica do artista pontevedrés Jorge Castillo Casalderrey a través dunha escolma de 120 pezas

17/02/22 | 13:29 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes; C. de Sanidade

A Xunta adxudica a redacción do proxecto para a construción do novo centro de saúde de Abegondo

O estudo da arquitecta Elizabeth Abalo Díaz será o encargado da redacción do proxecto básico de execución e dirección desta obra que conta cun orzamento de máis de 61.000 euros e na que se prevé integrar o uso sustentable da madeira

17/02/22 | 13:23 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta activa para mañá unha alerta laranxa por temporal costeiro nas provincias da Coruña e Lugo

Agárdase mar combinada do noroeste con ondas ata 6 metros na costa coruñesa e na Mariña lucense

17/02/22 | 13:22 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta e ASPRONAGA colaborarán na atención educativa do alumnado con discapacidade intelectual e do desenvolvemento

O acordo enmárcase na colaboración do departamento educativo da Xunta de Galicia coas entidades de atención á diversidade, unha liña prioritaria para o Goberno galego.

17/02/22 | 13:16 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A compañía de danza Elahood estrea mañá en Oleiros o espectáculo ‘NÓ’ en coprodución coa Xunta

O Auditorio Gabriel García Márquez acolle ás 12,30 e ás 20,30 h. as primeiras funcións desta montaxe de danza urbana, baixo a ollada da creación contemporánea

17/02/22 | 13:09 | C. de Sanidade

O centro de saúde da Parda resolve o 99% das chamadas perdidas no mesmo día grazas á plataforma tecnolóxica CRM100

Desde a súa posta en marcha, o pasado 10 de novembro, recibiu máis de 8.000 chamadas, cun tempo medio de resposta inferior aos 48 minutos

17/02/22 | 12:41 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta recibe 10 ofertas de empresas para executar 3 sendas nas estradas OU-105, OU-536 e na avenida de Ponferrada, en Ourense, cun investimento de 1,8 M€

O obxectivo é iniciar as obras ao comezo do verán para que poidan estar rematadas a finais de ano ou comezos do próximo, ao ter un prazo de execución de 6 meses

17/02/22 | 12:34 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

Fernández-Tapias supervisa as obras do segundo tramo da senda peonil de San Miguel de Oia na estrada PO-325, no concello de Vigo

A delegada territorial en Vigo, Marta Fernández-Tapias, informou que estas actuacións mellorarán a mobilidade peonil dos veciños deste núcleo urbano

17/02/22 | 12:34 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta colaborou na mellora da rúa Cotarelo no Concello de Trabada cunha axuda de case 70.000 euros

Javier Arias destaca o esforzo do Goberno galego para transformar os equipamentos urbanísticos, a través do Plan Hurbe