Hemeroteca

Novas publicadas hai máis de seis meses

Novas publicadas hai máis de seis meses
Ten dispoñibles para consulta 1590 novas da área temática Auga :
09/09/22 | 13:29  | C. de Infraestruturas e Mobilidade

A Oficina Técnica da Seca constata un leve incremento dos caudais dos ríos, que continúan un 32% máis baixos que a media da última década

Cómpre manter a contención do consumo, xa que os caudais non están estabilizados, a pesar da suba con respecto ao 22 de agosto, cando se situaban un 34% por debaixo da media
 

Constátase unha leve mellora na zona da Mariña luguesa, aínda insuficiente para superar o estado de seca prolongada na que se atopa
 

Actívase a prealerta por escaseza de auga no sistema do río Mero, Arteixo e ría da Coruña, pois o volume do encoro de Cecebre descendeu ata o 54%, 10 puntos menos que hai quince días
 

O abastecemento nesta área estaría garantido pola auga do lago da antiga mina de Meirama, que ten un volume de 150 hm³, unha gran reserva sobre o encoro de Cecebre, que ten 20 hm³
 

Mantense a prealerta nos sistemas do río Lérez e ría de Pontevedra; no Tambre e ría de Muros e Noia; na bacía do río Grande e dos que acadan a ría de Camariñas; e na conca do río Anllóns
 

Continúan os valores de prealerta por escaseza nos subsistemas de Zamáns e Baiona, que abastecen a Nigrán, Baiona e Gondomar, ademais dunha pequena parte do concello de Vigo
 

A Xunta reitera o chamamento ao consumo responsable de auga, coa adopción de medidas como a restrición de regas, a limitación do enchido das piscinas ou a reutilización, xa que a situación de seca prolongada só pode superarse con chuvias tamén prolongadas

Busca avanzada
Insira un texto para a busca:
En todo o contido
Presentación de resultados
Ordenar
Número de resultados por páxina: