Diego Calvo acompaña os participantes no Selectivo Nacional de Piragüismo Sprint no que deportistas galegos se clasificaron para as Olimpíadas de París

Pontevedra, 10 de abril de 2024

O vicepresidente primeiro e conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes en funcións, Diego Calvo, acompañou hoxe no complexo David Cal Figueroa do encoro de Pontillón de Castro, en Verducido, os participantes no Selectivo Nacional de Piragüismo Sprint clasificatorio para os Xogos Olímpicos París 2024 deste verán. Tamén asistiron o secretario xeral para o Deporte, José Ramón Lete Lasa e o delegado territorial da Xunta en Pontevedra, Agustín Reguera.

Así, en K4-500 feminino, Teresa Portela competirá nos súas sétimas Olimpíadas coa tamén galega Carolina García e Sara Ouzande e Estefanía Fernández. Pola súa banda, Carlos Arévalo e Rodrigo Germade venceron xunto con Saúl Craviotto e Marcus Cooper no K4-500 masculino. No C2-500 feminino conseguiron billete a París Antía Jácome e María Corbera, mentres que os que ganaron nesta categoría na modalidade masculina teñen que agardar a revalidar a vitoria na Copa do Mundo de Szeged.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 10/04/2024