A Xunta reivindica o valor da orixe dos produtos alimentarios galegos no marco do Galicia Market Place

Vigo, 19 de abril de 2024

O director da Axencia Galega da Calidade Alimentaria, José Luis Cabarcos, participou este mediodía no acto de inauguración do Galicia Market Place, un evento centrado na análise do futuro do campo na nosa comunidade, que organiza o Círculo de Empresarios de Galicia. 

Na súa intervención, reivindicou a orixe dos produtos alimentarios como un dos seus principais valores engadidos e, nesta liña, puxo de relevo a Lei da calidade alimentaria como elemento clave no control, a defensa e a promoción desta riqueza. En relación con este último aspecto -a promoción-, Cabarcos salientou que a Xunta destina este ano 9,5 millóns de euros a un plan específico que busca fomentar o consumo das producións agroalimentarias galegas nos diferentes mercados.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 19/04/2024