A Xunta apoia a nova edición da carreira solidaria contra o cancro que se celebrará en Lugo o 4 de maio

Lugo, 24 de abril de 2024

A Xunta de Galicia apoia un ano máis a celebración do evento solidario “Lugo en marcha contra o cancro”, que organiza a Asociación Española contra o Cancro en Lugo.

Celebrarase o vindeiro día 4 de maio a partir das seis da tarde, e propón unha carreira  ou andaina con saída na Horta do Seminario e un percorrido circular de 5 quilómetros que discorre entre Recatelo e a Avenida de Ramón Ferreiro. Tamén ofrecen a posibilidade de adquirir un dorsal solidario, por un importe mínimo de 1 euro.

O Goberno galego colabora co traballo que realiza a Asociación contra o Cancro para facilitar servizos e desenvolver programas sociosanitarios destinados ás persoas afectadas pola enfermidade e ás súas familias.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 24/04/2024