A Xunta apoia con preto de 355.000 € a contratación de persoas desempregadas en 16 concellos das comarcas de Ferrol, Eume e Ortegal

A Consellería de Emprego, Comercio e Emigración vén de resolver a convocatoria do programa Aprol Rural dirixido a que concellos rurais contraten a persoas demandantes de emprego para a realización de tarefas relacionadas coa prevención de incendios

Ferrol, 25 de abril de 2024

A Xunta de Galicia destina este ano preto de 355.000 euros a apoiar a 16 concellos rurais das comarcas de Ferrol, Eume e Ortegal na contratación de persoas en situación de desemprego para a realización de tarefas vinculadas coa prevención de incendios forestais.

Trátase do programa Aprol Rural dotado de 7 M€ e co que a Consellería de Emprego, Comercio e Emigración impulsará na zona a contratación de 22 traballadores que se encargarán de tarefas relacionadas, maioritariamente coa prevención de incendios nas faixas secundarias: planificación preventiva, valoración forestal, silvicultura, limpeza de montes ou xestión da biomasa.

Con carácter xeral outórganse subvencións para financiar un único contrato por concello, aínda que as prazas con apoio poden chegar a catro atendendo a que a soliciten entidades fusionadas ou municipios emprendedores.

Con esta medida, o Goberno galego pretende proporcionar aos colectivos con maiores dificultades para acceder ao mercado de traballo a experiencia e a práctica profesional que precisan e axuda a que teñan máis oportunidades, á vez que reforza a colaboración coas entidades locais para financiar os custos salariais das persoas incorporadas.

En total, desta orde de axudas beneficiaranse 288 entidades locais das catro provincias galegas e 427 persoas en situación de desemprego.

DISTRIBUCIÓN DAS AXUDAS DO PROGRAMA APROL RURAL NAS COMARCAS DE FERROL, EUME E ORTEGAL

CONCELLO BENEFICIADO

Nº TRABALLADORES

IMPORTE DA AXUDA

As Pontes

2

32.213,58 €

As Somozas

2

32.213,58 €

Cerdido

1

16.107,79 €

Cabanas

2

32.213,58 €

Neda

2

32.213,58 €

Fene

2

32.213,58 €

Ares

2

32.213,58 €

Ortigueira

1

16.107,79 €

Monfero

1

16.107,79 €

Cedeira

1

16.107,79 €

San Sadurniño

1

15.875,64 €

Mañón

1

16.107,75 €

Cariño

1

16.107,75 €

Moeche

1

16.107,79 €

Pontedeume

1

16.107,79 €

Mugardos

1

16.107,79 €

TOTAIS

22

354.139,15 €

Data de actualización: 25/04/2024