Joaquín Macho Canales toma posesión como secretario xeral técnico da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración

Santiago de Compostela, 25 de abril de 2024

Joaquín Macho Canales tomou posesión hoxe como secretario xeral técnico da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración. Ata o de agora, era o secretario xeral técnico da Consellería do Medio Rural, cargo que ocupaba desde xuño do ano pasado.

 

Nado en Sevilla, Macho Canales é Licenciado en Dereito pola Universidade Pontificia de Comillas. Desde 2006 é funcionario do corpo superior de Administración da Xunta de Galicia, na escala de letrados. Desempeñou tarefas de responsabilidade como letrado asesor no Gabinete Xurídico Territorial de Santiago.

 

No 2009 foi nomeado subdirector xeral de Recursos Humanos e Coordinación Administrativa da Consellería do Mar e en 2012 desempeñou o cargo de vicesecretario xeral da Consellería do Medio Rural e do Mar. Posteriormente, no 2013, desenvolveu o posto de asesor xurídico da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.

 

Canales foi secretario xeral técnico da Consellería de Infraestruturas e Mobilidade desde 2015 ata 2023, ano no que pasou a ocupar o mesmo cargo na Consellería do Medio Rural. Con anterioridade a estas dúas responsabilidades, fora vicesecretario xeral da Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 25/04/2024