María Martínez Allegue reúnese co alcalde de Castro de Rei

Santiago de Compostela, 3 de maio de 2024

A conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, María Martínez Allegue, vén de manter un encontro co alcalde de Castro de Rei, Francisco Balado.

Nesta primeira xuntanza, o rexedor interesouse, entre outras cuestións, polas axudas do Instituto Galego da Vivenda e Solo e polo Plan Hurbe, dirixido á dotación de equipamentos públicos e de mellora das contornas urbanas.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 03/05/2024