A Xunta e o Concello de Ribadeo afondan en vías de colaboración en materia de dinamización do rural e loita contra os incendios forestais

Santiago de Compostela, 4 de maio de 2024

A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada polo director xeral de Defensa do Monte, Manuel Rodríguez, mantivo esta semana unha xuntanza co alcalde de Ribadeo, Daniel Vega, para afondar en materia de colaboración entre ambas institucións. Na xuntanza avaliáronse diferentes asuntos de interese para esta localidade lucense.

Neste encontro, a conselleira do Medio Rural e o alcalde de Ribadeo abordaron diversas iniciativas que buscan a mellora de infraestruturas nas zonas rurais deste municipio, así como propostas relativas á prevención e loita contra os incendios forestais, como son as tarefas de roza.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 04/05/2024