Diego Calvo recolle o premio concedido á Xunta na 36ª edición do Trofeo de judo Miguelito

A Coruña, 5 de maio de 2024

O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, asistiu esta mañá na Coruña ao 36º Trofeo de judo Miguelito, onde recolleu o premio concedido á Xunta polo apoio a esta disciplina. O conselleiro entregou tamén os galardóns á calidade técnica deportiva aos clubs de judo Arteixo, Compostela e Pontevedra. Na súa intervención, Diego Calvo salientou a importancia deste evento organizado pola Federación Galega de Judo e EdukaJudo, que demostra a capacidade integradora do deporte e promove a súa práctica desde as idades máis temperás. 

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 05/05/2024