A Xunta colabora no IV Raid Hípico Val de Francos, que se celebrará o domingo en Castro de Rei

Castro de Rei (Lugo), 27 de xullo de 2026

O delegado territorial da Xunta en Lugo, Alfonso Villares, participou hoxe en Castro de Rei na presentación do IV Raid Hípico Val de Francos, que se disputará no municipio o vindeiro domingo, 2 de agosto, e conta co apoio do Goberno galego.

Villares gabou o traballo do club Val de Francos, “que en tempo récord logrou situar  esta cita entre as máis atractivas da provincia para os afeccionados á hípica”. Neste sentido, destacou a proxección que está a gañar este deporte e o impulso que recibe da Xunta, principalmente a través dun convenio coa Federación Hípica Galega polo que destina máis de 80.000 euros para as actividades a desenvolver este ano.

A proba de Castro de Rei discorrerá por camiños forestais de terra, a excepción dos cruces de estradas, e constará de tres modalidades, con distancias de 80, 60 e 40 quilómetros respectivamente. As inscricións poderán formalizarse ata mañá a través da Federación.

 

 

 

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 27/07/2026