O delegado territorial da Xunta participou esta mañá na xornada do programa de colaboración en ‘Educación Vial’, que se está a desenvolver ata o próximo 10 de maio no CPR María Auxiliadora de Salesianos

3000 alumnos de 20 centros educativos da provincia participan nas Xornadas de Educación Vial dirixida a escolares

O delegado territorial destacou a importancia das xornadas de educación vial dirixida a escolares para que os nenos e nenas coñezan os aspectos básicos da seguridade vial, o mesmo tempo que desfrutan da súa bicicleta ou patinete, participan da mobilidade e adquiren coñecementos e competencias

Manuel Pardo subliñou a colaboración entre distintas Administracións, a Delegación Territorial da Xunta de Galicia en Ourense, a través do Servizo Provincial de Emerxencias, e da Administración Xeral do Estado co Servizo de Formación da Xefatura Provincial de Tráfico

O representante do Goberno galego tamén quixo agradecer a desinteresada colaboración das Agrupacións de Voluntarios de Protección Civil da provincia, encargadas da mobilización e montaxe do circuíto de educación vial para que todos os rapaces e rapazas de Ourense teñan a posibilidade de desfrutar destas actividades lúdico formativas

Ourense, 07 de maio de 2024

O delegado territorial da Xunta en Ourense, Manuel Pardo,  destacou esta mañá, a importancia das xornadas de educación vial dirixida a escolares para que os nenos e nenas coñezan os aspectos básicos da seguridade vial, o mesmo tempo que desfrutan da súa bicicleta ou patinete, participan da mobilidade e adquiren coñecementos e competencias, e toman contacto co labor e medios da Garda Civil de Tráfico, Policías Locais e Servizos de Emerxencias.

Así o manifestou Manuel Pardo na primeira xornada do programa de colaboración en ‘Educación Vial’, que se está a desenvolver ata o próximo 10 de maio no CPR María Auxiliadora de Salesianos e que contará cunha exposición de material de protección civil, vehículos da Garda Civil de Tráfico e o montaxe dun circuíto con sinais de tráfico para os nenos e nenas de educación primaria e infantil.

Estas actividades de educación vial xa se desenvolveron neste ano en diversos centros educativos da provincia; participando 21 alumnos do CEIP Baltar (Baltar);  23 alumnos do CEIP Plurilingüe Os Blancos (Os Blancos);  350 alumnos, en tres quendas, do CEIP Plurilingüe Condesa de Fenosa (O Barco de Valdeorras); 135 alumnos do CEIP Divina Pastora (O Barco de Valdeorras); 100 alumnos do CEIP Pablo VI (A Rúa); 105 alumnos do CEIP Ramón Otero Pedraio (O Barco de Valdeorras); 170 alumnos do CEIP Bibei (Viana do Bolo); 200 alumnos, en dúas quendas, do CEIP Manuel Respino (A Rúa); 35 alumnos do CEIP Castrelo de Miño (Castrelo de Miño); 42 alumnos do CEIP Emilia Pardo Bazán (Leiro); 200 alumnos do CEIP Rosalía de Castro (Xinzo de Limia); 80 alumnos do CEIP Rosalía de Castro (Xinzo de Limia); 500  alumnos, entres quendas, do CEIP Rosalía de Castro (Xinzo de Limia); 27 alumnos do CEIP Sarreaus (Sarreaus); 30 alumnos do CEIP San Salvador (Arnoia); 200 alumnos do CEIP Plurilingüe Ribadavia (Ribadavia); 35 alumnos do CEIP Cortegada (Cortegada); 187 alumnos do CPR Miraflores (O Pereiro de Aguiar). Un total ata o día de hoxe de 2160 alumnos conducidos por 77 voluntarios.

Ata o remate do curso lectivo, están pendentes de realizar estas mesmas actividades O CPR Salesianos, o día 14 de maio no Guillelme Brown, o 16 de maio en Amoeiro, o 22 de maio en Cartelle, o 23 de maio en Ramirás, o 24 de maio na Merca, o 30 de maio en Celanova e o 12 de xuño en Cualedro.

O delegado territorial destacou a colaboración entre distintas Administracións, a Delegación Territorial da Xunta de Galicia en Ourense, a través do Servizo Provincial de Emerxencias, e da Administración Xeral do Estado co Servizo de Formación da Xefatura Provincial de Tráfico, que permitiu levar este labor educativo e achegar a educación vial a preto de 3000 alumnos de 20 centros educativos da provincia

Manuel Pardo tamén quixo agradecer a desinteresada colaboración das Agrupacións de Voluntarios de Protección Civil da provincia, encargadas da mobilización e montaxe do circuíto de educación vial para que todos os rapaces e rapazas de Ourense teñan a posibilidade de desfrutar destas actividades lúdico formativas.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 07/05/2024