Javier Vázquez, director da Casa de Galicia en Madrid, participou no concerto co que se conmemora o LXXIV aniversario da Declaración Schuman

Madrid, 9 de maio de 2024

O director da Casa de Galicia en Madrid, Javier Vázquez, participou no concerto da Unidad de Música de la Guardia Real, que estivo dirixida polo coronel músico Fernando Lizana, e celebrado no Senado onte, co que se conmemorou o Día de Europa.

Con esta iniciativa celébrase o LXXIV aniversario da Declaración Schuman, que é como se coñece o discurso pronunciado o 9 de maio de 1950 por Robert Schuman, ministro de Asuntos Exteriores francés. A Comisión Europea recoñece este texto como un documento emblemático do nacemento da UE.

No acto deste xoves interviñeron o presidente do Senado, Pedro Rollán, así como o presidente da Comisión Mixta para a UE, Francisco Conde.

Data de actualización: 09/05/2024