A Xunta imparte en Ferrol unha xornada técnica sobre a modificación da Lei do solo de Galicia para axentes ambientais e técnicos forestais

Ferrol, 9 de maio de 2024

A delegada territorial da Xunta en Ferrol, Martina Aneiros, abriu esta mañá a xornada técnica sobre a modificación da Lei do solo de Galicia na que tomaron parte preto dunha trintena de axentes ambientais e técnicos dos distritos forestais I (Ferrol) e II (Betanzos-Mariñas Coruñesas).

Na charla, impartida polas xefas da área e do servizo xurídico da Delegación Territorial, abundouse nos cambios normativos que afectan a varios procedementos do ámbito competencial dos axentes e técnicos forestais relativos ás autorizacións para plantacións, cambios e uso e de actividade, informes de corta ou denuncias por plantacións ilegais, entre outros.

A delegada territorial aproveitou a súa intervención para trasladar o agradecemento do Goberno galego “ao esforzo, o traballo e o compromiso de todo o persoal que loita contra os incendios forestais en toda Galicia”.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 09/05/2024